20.481 casos activos por coronavirus en Galicia e 10 falecidos nas últimas horas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.481, deles 5.389 son da área da Coruña, 1.798 da de Lugo, 2.866 da de Ourense, 1.940 da de Pontevedra, 3.630 da área de Vigo, 3.242 da de Santiago, e 1.616 da de Ferrol.

Por áreas sanitarias

• A Coruña: 5.389 (+164)

• Vigo: 3.630 (+88)

• Santiago: 3.242 (+124)

• Ourense: 2.866 (+105)

• Pontevedra: 1.940 (+122)

• Lugo: 1.798 (+67)

• Ferrol: 1.616 (+43)

Do total de pacientes positivos, 170 están en UCI, 1.031 en unidades de hospitalización e 19.280 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 67.473 persoas curadas, rexistrándose 1.659 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.345.340.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 70.390.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
20.481
                545 usuarios
                279 profesionais
FALECEMENTOS
1.659
                286 residencias
                366 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

 

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS

 
 
TOTAL GALICIA

 NÚMERO DE POSITIVOS

3.352

 AULAS PECHADAS

165

 CENTROS PECHADOS

8

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Os falecidos nas últimas 24h

Falecen 10 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus.

Muller de 88 anos, no Chuvi.

Home de 88 anos, no Chuac.

Muller de 80 anos, no Chuac.

Home de 72 anos, no Chuf.

Home de 93 anos, no Chuo.

Home de 85 anos, no Chuo.

Home de 69 anos, no Chuf.

En centros sociosanitarios:

Muller de 84 anos, na Residencia DomusVi de Carballo.

Muller de 79 anos, na Residencia San José de Arzúa.

Muller de 84 anos, na Residencia Integrada CEGADI. Procedía da Residencia DomusVI de Ribeira.

Todos eles tiñan patoloxías previas.

A positividade, por riba do 9 %

Cae o número de probas PCR realizadas: 10.925 (-1.611). Delas, deron positivo 1.068 (-166), o que deixa unha positividade do 9,78 %, case o dobre do recomendado pola OMS para dar por controlada a pandemia.

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM