20 persoas con tea da Fundación MENELA percorrerán dende mañá o Camiño Portugués da Costa

Este proxecto, denominado Xacobeo Autismo. Un camiño de todos, está promovido pola Fundación MENELA e enmarcado dentro do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. Conta ademais coa colaboración do Concello de Nigrán
Publicado por o día 16/09/2019 na sección de A Guarda,Galicia

20 persoas con tea da Fundación MENELA percorrerán dende mañá o Camiño Portugués da Costa

A Fundación MENELA, O teu Xacobeo (Xunta de Galicia) e o Concello da Guarda convocan aos medios de comunicación á recepción que terá lugar no propio Concello con motivo do comezo da etapa inicial do Proxecto Xacobeo Autismo. Un camiño de todos.

A partir de mañá, 17 de setembro, 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) do Centro Castro Navás – Fundación Menela, realizarán un tramo do Camiño Portugués da Costa dende A Guarda ata Nigrán, organizado en 7 etapas que transcorreran durante os meses de setembro e outubro, e nas que se achegarán a nosa cultura, o noso patrimonio, a nosa gastronomía e a nosa arte. O farán acompañados por profesionais especializados da entidade así como por outros colectivos, sendo neste día, os rapaces e rapazas do CEIP Mallón (Nigrán) e do Centro San Xerome Emiliani (A Guarda) quenes se animen a facer primeiro tramo do Camiño Portugués da Costa.

A primeira etapa saíra do Concello da Guarda. Será trala recepción, que terá lugar no Salón de Plenos do Concello ás 11.30 horas, cando se iniciará a ruta que camiña paralela a liña costeira, durante un percorrido de 10 quilómetros que hai ata Portecelo, fin da primeira etapa. Asemade, destacarase a colocación de pictogramas nas instalacións do consistorio e no albergue municipal de peregrinos de A Guarda, elementos que melloran a accesibilidade cognitiva e potencian a calidade do turismo accesible, factor clave para a dinamización do noso entorno.

O Proxecto está financiado polo Programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Nigrán.

No acto de recepción intervirán:

  • Cipriano Luis Jiménez Casas, director xeral da Fundación MENELA.
  • Juan A. González Pérez, alcalde de Nigrán.
  • Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda.
  • Beatriz Lomba Rodríguez, concelleira de Turismo e Servizos Sociais
  • Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Patrimonio, Deportes, Facenda e Persoal,

Durante a mesma estará acompañados por membros do equipo directivo da Fundación MENELA e polos usuarios do Centro Castro Navás.

RECEPCIÓN NO CONCELLO DA GUARDA E SAÍDA DA ETAPA INICIAL DO PROXECTO XACOBEO AUTISMO. UN CAMIÑO DE TODOS

 

Data: 17 de setembro de 2019

Hora: 11.30 horas.

Lugar: Salón de Plenos. Concello de A Guarda. Praza do Reló 1, A Guarda

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.