21 cativos participaron no obradoiro de cociña do Colexio de Atín

O alumnado de 5º de Primaria impartiu esta mañá na Ludoteca de San Rafael un taller de repostería promovido pola concellería de Participación Cidadá
Por o 09/06/2018 | Sección: Galicia,Mos
21 cativos participaron no obradoiro de cociña do Colexio de Atín

O alumnado de 5º de Primaria do CEIP Atín-Cela impartiu esta mañá na Ludoteca de San Rafael un taller de repostería promovido pola concellería de Participación Cidadá, no que participaron un total de 21 nenos e nenas mosenses. Os escolares do Colexio de Atín están a demostrar que, ademais de pequenos grandes xornalistas, son uns magníficos cociñeiros.

Recentemente fíxose público que os cativos do CEIP Atín-Cela gañaron dous segundos premios no concurso de Faro da Escola: Mellor Xestión de Negocio e Mellor Uso Audiovisual e de Novas Tecnoloxías, polo traballo realizado de confección dun xornal no que incluíron unha entrevista á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, redactada polos alumnos/as de 5º curso. O proxecto do xornal foi levado a cabo conxuntamente entre os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria e nel participou todo o alumnado do colexio.

Pois ben, agora estes rapaces e rapazas do CEIP Atín-Cela continúan a despuntar organizando conxuntamente coa concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro, un obradoiro de cociña no que hoxe prepararon receitas incluídas nun libro escrito por eles mesmos, que leva por título “Recetas para caerse muert@” e que está inspirado na obra de Ledicia Costas, “Escarlatina a cociñeira defunta”.

O obradoiro foi impartido polos propios rapaces e rapazas autores/as do libro de cociña e polo seu mestre, Óscar Rodríguez Rojo, co apoio e colaboración dos/as monitores/as da Ludoteca Municipal de San Rafael (Pereiras), que foi o lugar onde se impartiu este taller esta mesma mañá, en horario de 11.00 horas a 13.00 horas.

Esta actividade ía dirixida aos nenos e nenas de 9 a 12 anos de idade que quixeran gozar dunha divertida mañá coas mans na masa. O prato estrela que prepararon, titorizados polos pequenos grandes chefs do Colexio de Atín, foron as riquísimas ‘Chocolletas’, entre outras delicias culinarias.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.