21ª Marea Branca en defensa da Sanidade Pública

Comunicado da Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública.
Publicado por o día 15/02/2017 na sección de Protestas,Sanidad,Vigo

21ª Marea Branca en defensa da Sanidade Pública

Unha marea máis e aumentan os motivos para sair á rúa a defender a nosa sanidade pública.

Tres anos para unha proba: Este foi o último exempolo dun dos desproósitos cada vez mais frecuentes na sanidade publica galega.

Publicáronse as listas de agarda, e como xa nos podíamos imaxinar, houbo un incremento dun 30%. 300.000 galegas e galegos están á espera de ser atendidos. E coma sempre, non queda mais remedio que engadir que faltan as listas ocultas que o SERGAS non publica e que nos fai pensar que son moitas mais as que estan á espera de ser atendidos.

Publicáronse os novos orzamentos para o 2017, neles vemos partidas como as de mais de 197 millons de euros para pagar os concertos con centros privados, ou  mais de 144 millons de euros para incentivos ao “rendemento”. Xa sabedes,  cantas menos probas e menos derivacións a especialistas, pois algúns cobrarán mais. Sen embargo para investigación sanitaria se destina pouco menos de 2 millons de euros. Queda claro que a investigación non é un dos obxectivos de Nuñez Feijoo. ¿Pretende que a financiemos a cidadanía con carreiras populares?  E recentemente asistimos como fixo propaganda dun centro privado en detrimento da sanidade pública.

Mentres todo isto ocorre, Núñez Feijoo segue a defender aos presuntos responsables das mortes dos enfermos de hepatite C por tardanza na aplicación do tratamento.

O Movemento Galego da Saúde Mental denunciou, a través dun comunicado, o “doloroso dano” que están a provocar “os recortes” en hospitalización psiquiátrica en Santiago de Compostela e que derivaron no recente suicidio dunha paciente ingresada e na denuncia, uns días antes, dunha agresión sexual por parte doutra paciente. A asociación lembrou as súas reiteradas chamadas de atención sobre a “deterioración progresiva” da atención á saúde mental en Galicia, causado polos “recortes sanitarios e as formas de xestión sen planificación”. Aqui tedes o enlace da denuncia completa DenunciaMGSM.

CLUSTER SANITARIO

Por si tivéramos pouco cos recortes e o desvió de cada vez mais recursos ao sector privado dos orzamentos do SERGAS por parte do goberno do PP, nos atopamos con que o PSOE coruñes, da man de Mar Barcón, pretende a creación dun cluster do sector sanitario na nosa cidade, onde interveñan tódolos axentes do sector, tanto públicos como privados, para analizar as carencias sanitarias da area de A Coruña (evidentes tras os recortes e peche de plantas e camas) e subsanalas entre todos. Por suposto, coa intención de dar mais oportunidades ao sector privado.
Por outra banda non nos sorprende. En Andalucía, onde goberna o PSOE, vemos como a sanidade está destrozada e privatizados case todos os servizos. É a comunidade que menos invirte por habitante en gasto sanitario. Se pagan primas aos médicos que derivan menos e se penaliza ou multa a aqueles que receten sen permiso ou deriven mais á especialistas. E nestes últimos meses tivemos a oportunidade de asistir ao intento de desmembrar dous hospitais granadinos, que finalmente, coa protesta masiva da cidadanía foi paralizado.

Non queremos que os orzamentos públicos se destinen a favorecer negocios privados, e menos con cartos dunha entidade que non ten competencias en sanidade.
Tanto esta Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Publica de A Coruña como a Asociacion en Defensa da Sanidade Publica de Galicia temos rexeitado este proxecto que afonda máis na privatización do sistema sanitario público. Esta coordinadora estará sempre enfronte de calquera organizacion social ou política que se poña ao lado desta iniciativa perxudicial para os intereses xerais da cidadanía. Tódos aqueles que non se manifesten claramente contra estre proxecto, se poñen do lado da privatización da sanidade pública.Queremos os nosos hospitais públicos a pleno rendemento, abertas tódalas plantas e contratado todo o persoal necesario para acabar coas moitas mais de 300.000 galegas e galegos que estan á espera dun acto médico.