221 cativos mosenses participan este ano no campamento infantil estival Mañás de Verán

Esta cifra pode incrementarse, xa que aínda quedan prazas dispoñibles para as dúas últimas quendas
Publicado por o día 12/08/2019 na sección de Galicia,Mos

221 cativos mosenses participan este ano no campamento infantil estival Mañás de Verán

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, visitaron hoxe no Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos aos 27 nenos e nenas mosenses que están a participar na cuarta quenda do campamento infantil estival Mañás de Verán.

Na cuarta quenda, que se desenvolve dende o día 1 de agosto ao 16 de agosto, participan 27 rapaces. Na primeira, que se celebrou do 24 de xuño ao 28 de xuño, houbo 13 participantes; na segunda (do 1 ao 15 de xullo) houbo 77 participantes, e na terceira (do 16 ao 31 xullo), 67 participantes.

Nas dúas últimas quendas, a quinta e a sexta, aínda quedan prazas libres por se alguén está interesado en participar. Para facelo deben dirixirse á oficina da OMIX no Multiusos das Pozas ou chamar por teléfono ao número 986 33 94 04.

Polo de agora na quinta quenda (do 19 ao 30 de agosto) están incritos 27 cativos e na sexta e última semana de campamento (do 2 ao 6 setembro) hai 10 inscritos. Deste xeito, o número de nenos e nenas que a día de hoxe participa nas Mañás de Verán do Concello de Mos é de 221.

A primeira e última quendas do campamento teñen unha duración dunha semana, mentres que as outras catro quendas do campamento teñen unha duración de quince días. Trátase dunha iniciativa dirixida a nenos e nenas 3 a 12 anos de idade. O campamento lévase a cabo nas instalacións do colexio Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos), en horario de 9.00 a 14.30 horas.

Na presente quenda os 27 cativos participantes farán dúas saídas, unha excursión á praia, que xa realizaron, e unha visita ao parque da auga da Pesqueira que se levará a cabo durante esta semana.

As representantes locais, Arévalo e Loureiro, destacaron “a importancia que este programa municipal ten sobre todo no que respecta á conciliación da vida familiar e laboral nunha época do ano na que os/as nenos/as están de vacacións e os pais/nais deben seguir acudindo aos seus postos de traballo”.

“Ademais de contribuír a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos proxenitores, ofertámoslles aos cativos unha alternativa de lecer educativo que combina didáctida e diversión, fomentando a educación en valores a través do xogo”, explicaron a rexedora local e a edil de Educación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.