24 novos autobuses de Vitrasa inclúen WiFi gratis e conexións USB

O alcalde visitou hoxe luns nas instalacións da concesionaria Vitrasa os novos vehículos, 100% accesibles, que contan con USB e WiFi de balde, e con motores Euro VI, os máis respectuosos co medioambiente. Con 4,75 anos, a idade media dos autobuses de Vigo é a menor de España.
Publicado por o día 24/07/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

24 novos autobuses de Vitrasa inclúen WiFi gratis e conexións USB

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe luns na sede de Vitrasa os 24 novos vehículos que a cidade incorpora á súa flota, dos que catro son dos coñecidos como “eirugas”, de 18 metros de lonxitude e que representan “a nova xeración do transporte público urbano”.

Nos últimos seis anos, Vigo renovou 74 dos seus autobuses urbanos, convertendo á flota viguesa na de menor idade media de España, con 4,75 anos. As novas unidades montan motores Euro VI, os máis respectuosos co medioambiente, ademais de estar equipadas con conexións USB e WiFi gratis a bordo.

A totalidade da flota de autobuses urbanos de Vigo é accesible para discapacitados, “sendo a primeira cidade de Galicia” que ofrece esta posibilidade ao contar todos con plataforma integral baixa. Os novos buses incorporan dous espazos habilitados para cadeiras de rodos e rampla telescópica para o seu acceso.