25 mellores empresas multiplican por 10 a riqueza achegada a Galicia

Publicado por o día 11/12/2018 na sección de Galicia,Vigo

25 mellores empresas multiplican por 10 a riqueza achegada a Galicia

O servizo de información empresarial do Consorcio da Zona Franca, ARDÁN, no curso dunha gala polo seu 25 aniversario celebrada no auditorio Afundación en Vigo, esto foi onte, premiou a 25 empresas que destacaron pola obtención de indicadores de boas prácticas empresariais. Durante o acto, ARDÁN recoñeceu a 18 empresas que obtiveron este ano entre catro e cinco indicadores “ARDÁN de boas prácticas empresariais”, e destacou a outras 7 empresas das catro provincias galegas que durante estes últimos 25 anos achegaron a Galicia máis emprego e riqueza.
 
“ARDÁN é unha ferramenta ao servizo da sociedade galega. Analizamos o tecido empresarial para axudar a melloralo. A perspectiva de 25 anos de estudo das empresas con sede en Galicia constata a relevancia que ten o efecto sede social polo que vemos que as empresas que teñen os seus centros de decisión en Galicia son as que crean máis emprego, máis riqueza e atraen máis talento que o resto do tecido económico de Galicia”, subliña David Regades, delegado do Estado no CZFV.
 
Estas 25 mellores empresas galegas, tanto polas súas boas prácticas como por xeración de emprego na Comunidade, son as que multiplicaron por 10 a riqueza achegada á Comunidade nos últimos 25 anos. Segundo os datos analizados polo equipo de expertos de ARDÁN, 25 compañías con sede social en Galicia achegaron 65.319 millóns de euros ao PIB galego nos últimos 25 anos, cun crecemento da súa xeración de riqueza do 899%, cinco veces máis que o crecemento total da economía galega.
 
As 25 compañías detectadas polo servizo de estudos do Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) tamén multiplicaron por tres o seu número de empregados, ata alcanzar os 57.000 empregados directos. A xeración de emprego das 25 empresas seleccionadas é 19 veces maior ao da creación de emprego total en Galicia entre 1993 e 2018.
 
O traballo de análise de datos, enquisas e estudos de competitividade de máis de 30.000 empresas con sede en Galicia está dirixido por ARDÁN, con metodoloxías elaboradas por grupos de investigación da Universidade de Vigo e coordinadas pola Cátedra ARDÁN.