#25S Primeiro avance de participación

Por o 25/09/2016 | Sección: Eleccións Galegas,Vigo
#25S Primeiro avance de participación

Desde as 12:30h déronse a coñecer os primeiros avances de participación nas eleccións galegas que están a transcorrer hoxe domingo 25 de Setembro e que che estamos contando en directo ao minuto.

GALICIA

En Galicia, do mesmo xeito que na maioría de provincias e municipios, a participación sobe ao redor dun 2% con respecto ás pasadas eleccións de 2012 como pode ver na seguinte imaxe.

2012: 12,74%

2016: 14,94%

particpacion-galicia

PROVINCIA PONTEVEDRA

Na provincia de Pontevedra, a subida é similar á do conxunto de Galicia, subindo pouco máis de dous puntos.

2012: 11,95%

2016: 14,21%

participacion-pontevedra

VIGO

No concello de Vigo a participación é algo menor que no conxunto do país, pero tamén aumenta cerca dos dous puntos.

2012: 11,97%

2016: 13,78%

participacion-vigo