26 de outubro, xornada de loita contra as reválidas

Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia
Publicado por o día 25/10/2016 na sección de Esquerda Unida,Protestas,Vigo

26 de outubro, xornada de loita contra as reválidas

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia tras declarar o día 26 de outubro como xornada de loita contra as reválidas apoiando as mobilizacións da Plataforma en Defensa do Ensino Público Estatal en todo o territorio español, para esixir a súa eliminación inmediata e definitiva, así como a derrogación da LOMCE e a prol da reversión dos recortes quere comunicar o seguinte:

  • Manifestar o seu absoluto rexeitamento ás reválidas impostas e instar á administración educativa á anulación do RD 310 /2016 de 29 de xullo polo que se regulan as mesmas.
  • Apoiar a xornada de folga educativa convocada para esa data polo sector do alumnado (SE) e polo sector de pais e nais (CONFAPA-Galicia) que promoven un baleirado de aulas en toda a nosa autonomía.
  • Poñer en marcha o seguinte calendario de actuacións conxuntas contra as reválidas en toda a autonomía galega e instar a toda a comunidade educativa á participación na loita contra esta lei infame que restrinxe ó acceso a titular do alumnado; xerando, tamén, incertidume no alumnado, no profesorado e nas familias pola falta de concreción por parte da administración educativa de aspectos clave como os modelos de exame en 2o de BACH, a alteración do calendario de final de curso … Desde a Plataforma en Defensa do Ensino Público levaremos a cabo diversas formas de loita baseadas en mobilizacións, asembleas informativas para toda a comunidade educativa e actuacións en centros educativos das diferentes provincias. A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca a toda a comunidade educativa (pais, nais, alumnado e profesorado) a concentrarse contra a LOMCE e as reválidas nas seguintes ciudades:

CIDADE HORA

Vigo 12:00

Ourense 19:30

Pontevedra 19:30

A Coruña 19.30

Ferrol 12.00

Lugo 19:30

Santiago de Compostela 12:00

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia amosa o seu rexeitamento absoluto á imposición das reválidas e reitera que non deixará de realizar actuacións conxuntas dentro dun marco global de loita pola derrogación da LOMCE e o resto de contrarreformas educativas, así como para lograr a reversión total dos recortes sufridos nos últimos anos. Animamos a toda a comunidade educativa galega a formar parte desta xornada de loita para acadar unha educación de calidade e de equidade.

Facemos un chamamento aos centros e ao profesorado para que as actividades que se desenvolvan non supoñan un prexuízo para o alumnado que non asista ese día ás aulas.