2780 viaxeiros afectados polos paros no ferrocarril en Galicia

Publicado por o día 08/11/2013 na sección de CGT,SF Intersindical,Sindicatos,Vigo

2780 viaxeiros afectados polos paros no ferrocarril en Galicia

  Hoxe 8 de novembro hai convocados paros parciais no Sector Ferroviario. Despois dos paros e a folga levada a cabo o mes pasado e do paro parcial feito o día 4, o de hoxe é o segundo día de movilizacions convocadas para o mes de novembro.

  A incidencia rolda o 60% de seguimento entre os traballadores/as que poden facer o paro atendendo aos abusivos servizos mínimos impostos polo Ministerio de Fomento. Esta mañan a empresa viuse obrigada a retrasar un tren Vigo-Coruña que tiña previsto sacar no seu horario habitual, ás 8.50, sin estar incluido nos servizos mínimos porque non contou ca colaboración que lle demandaba ao persoal de servizo.

Estimamos que hoxe se van ver perxudicados en Galiza pola supresión de trens un total de 2780 [email protected] que de xeito habitual collen algún dos trens que o luns e, ou, o venres están suprimidos por mor dos paros parciais que CGT e Sindicato Ferroviario teñen convocados no Sector Ferroviario contra a segregación de RENFE en catro Sociedades Anónimas e a división de ADIF en duas empresas.

  A maioría destes [email protected] pertencen o Eixo Atlántico, onde 2140 [email protected] tiveron que mudar as suas condicions de viaxe habitual porque utilizaban algúns dos 23 trens suprimidos o luns ou algún dos 25 que non circularan hoxe na Galiza.

NEGOCIACIÓNS SEN AVANCES

 O pasado 4 de novembro a dirección de RENFE mantivo unha xuntanza co Comité Xeral de empresa (SEMAF, CCOO, UGT, CGT e SF-Intersindical) onde tenta negociar a imposición do proceso de segregación de RENFE en 4 Sociedades Anónimas cos sindicatos SEMAF, CCOO e UGT, que aínda que manifestan a súa desconformidade ca segregación e o modelo imposto por Fomento, o asumen, e negocian como implantar este modelo.

Dende CGT e o Sindicato Ferroviario mantense as folgas convocadas con paros parciais os luns e venres de novembro de 7:00 a 9:00, de 15:00 a 17:00 e de 23:00 a 01:00 e folga de 24 hs. o 5 e 20 de Decembro, porque pensan que o unico xeito de facer cambiar as posicions empresariais e gobernamentais en favor dos intereses da cidadanía é aplicando o binomio presión/negociación.

A decisión de crear novas empresas mediante a segregación de RENFE-Operador e de ADIF é unha decisión política deste Goberno e encádrase dentro da súa política de desmantelamento do sector público, tal e como están facendo coa sanidade e co ensino publico.

A Unión Europea permite manter o estado actual de RENFE-Operadora e de ADIF. Non entendemos por que o Goberno español ten tanto interese en romper as empresas publicas ferroviarias e en liberar o transporte de viaxeiros moitos anos antes das previsións da UE cando non supón ningunha mellora para os [email protected] e pola contra supón un aumento na descoordinación entre o xestor de infraestructura e as novas empresas ferroviarias, un aumento do persoal de estructura (Directivos) e a mengua dos cadros de persoal operativo, aplicando os ERE previstos na Reforma Laboral.