28 de maio, Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres

Hai aproximadamente trinta anos, un grupo de mulleres feministas e activistas polos dereitos humanos decidiron reivindicar a saúde das mulleres. Reclamaban a atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres e nenas en todo o mundo, tendo en conta que a saúde é o funda­mento da vida.
Publicado por o día 28/05/2020 na sección de CC.OO,Sindicatos

28 de maio, Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres

Hai aproximadamente trinta anos, un grupo de mulleres feministas e activistas polos dereitos humanos decidiron reivindicar a saúde das mulleres. Reclamaban a atención á saúde sexual e reprodutiva das mulleres e nenas en todo o mundo, tendo en conta que a saúde é o funda­mento da vida.

Non tratar a saúde con perspectiva de xénero carrea moitas veces terribles consecuencias para as mulleres. Por iso, este día quere chamar a atención sobre a importancia de tratar a saúde cunha visión máis ampla e nós, desde CCOO, insistimos en que a saúde, na súa concepción máis holística, pasa por aplicar a perspectiva de xénero en todo o que a rodea.

Desde o Gabinete de Igualdade do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, unímonos así ao lema da Secretaría Confederal de Mulleres e Igualdade de CCOO:

IGUALDADE É SAÚDE

Difundimos tamén neste día a nosa reivindicación de promover no mundo do traballo unhas relacións laborais que inclúan a necesaria visión e tratamento específico da problemática dife­rencial na saúde das mulleres: demandamos dereitos sexuais e reprodutivos, a loita contra as violencias machistas, traducidas, no eido laboral, no acoso sexual e por razón de sexo, que ten graves consecuencias na saúde das mulleres:

— Sufrimento psicolóxico e estrés, que provoca ansiedade, depresión, insomnio, cansazo e outras alteracións da saúde.

— Aumento da accidentalidade.

— Sentimentos de culpa e baixa autoestima, que bloquean tamén a capacidade de relacionarse saudablemente con outras persoas.

— Absentismo polos trastornos de saúde ou abandono no posto de traballo para non ter que afrontar a situación de acoso a diario.

Tamén a dobre xornada, que xunta as explotacións de xénero e de clase, ten graves efectos na vida e a saúde das mulleres, pois vai asociada a peores indicadores de saúde mental, vitalidade e estrés. A saúde das mulleres empeora a medida que aumenta o número de persoas que re­quiren coidados, especialmente nos grupos de menores ingresos. Outra circunstancia de espe­cial gravidade dáse en traballos con esixencias elevadas e baixo control sobre o traballo, onde os efectos sobre a saúde son maiores.

Cómpre estudar, tamén, os riscos específicos das mulleres no ámbito laboral e analizar os pos­tos de traballo e as actividades tendo presente a perspectiva de xénero, pois o efecto sobre homes e mulleres é, en moitos casos, diferente.

Debemos asegurar que o traballo das mulleres sexa digno e se acompañe dunha corresponsa­bilidade real que permita a verdadeira conciliación, pois todo o que os rodea no posto de tra­ballo pode incidir de maneira negativa sobre a nosa saúde, e cando a perspectiva de xénero non se ten en conta, esa negatividade increméntase perigosamente para as mulleres traballadoras.

Comentar noticia

Your email address will not be published.