3 de setembro, día da loita pola Sanidade Pública

En recordo da manifestación máis multitudinaria que percorreu as rúas da cidade, a Plataforma SOS Sanidade Pública decidiu designar a data do o 3 de setembro a “data da loita pola Sanidade Pública”
Publicado por o día 22/08/2016 na sección de Protestas,Sanidad,Vigo

3 de setembro, día da loita pola Sanidade Pública

En recordo da manifestación máis multitudinaria que percorreu as rúas da cidade, a Plataforma SOS Sanidade Pública decidiu designar a data do 3 de setembro a “data da loita pola Sanidade Pública”.

O 3 setembro de 2015 celebrouse unha masiva manifestación, na que participaron 200.000 persoas da comarca de Vigo, en defensa da sanidade pública, foi o accidentado traslado ao novo hospital de Vigo e as primeiras repercusións na cidadanía da elección do modelo público-privado para custear a infraestrutura -o pago do aparcadoiro, por exemplo-, dous dos principais motivos que nutriron a histórica marcha.

Por iso deciden celebrar o 3 de Setembro cunha manifestación e unha romeria na contorna do Hospital Xeral-Cies este día historico para a cidade de Vigo. A marcha convocada para o vindeiro sábado 3 de setembro apoiará esta demanda, que apoian todas as forzas políticas, salvo o Partido Popular. A protesta sairá ás 12 desde o Hospital Xeral e regresará a el para que os asistentes poidan confraternizar nunha romaría reivindicativa.

No mes de setembro, está previsto tamén que os tribunais europeos ditaminen sobre a reclamación posta pola Asociación para a Defensa da Sanidade Pública co apoio da Xunta de Persoal e SOS Sanidade Pública diante da Comisión Europea. Un fallo favorable, acercaría un posible rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro e tamén dos demais centros sanitarios.

Cartaz da manifestación

ilcanallarubens_mani xeral 3 setembro_2016_Vigo_aniversario_cartaz