3 nenos e 2 adultos tralsados ao Hospital Álvaro Cunqueiro por intoxicación de monóxilo

Publicado por o día 12/03/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

3 nenos e 2 adultos tralsados ao Hospital Álvaro Cunqueiro por intoxicación de monóxilo

Na noite de onte, unha nai M. S. M. R, de Vigo e 45 anos de idade, atopábase no domicilio no que reside cos seus tres fillos.

Acudiu a atender á súa filla de 13 anos, espertando esta, e comentándolle que non se atopaba ben, e que esta mareada para acto seguido desvanecerse sobre o chan.

Atendendo á menor, espertouse a súa outra filla, de 9 anos dicíndolle que lle doía a cabeza, e mareábase caendo tamén ao chan.

Tratou de espertalas, comezando a sentir molestias na cabeza e notar que se mareaba, avisando telefonicamente á súa nai e avoa das nenas, que vive no piso inferior para que lle axudase, chamando ao 112, instante en que se espertou o seu fillo de 9 anos mareado, para desvanecerse acto seguido.

A continuación ás 00:01 horas, recibiuse chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, alertando dunha posible intoxicación por monóxilo de carbono en domicilio de 3 nenos e 2 adultos.

Desprazouse unha patrulla que unha vez no lugar atopouse unha dotación de bombeiros e unha ambulancia medicalizada, no interior atopábanse os menores e a súa nai que estaban a ser atendidos polo persoal sanitario.

Os axentes entrevistáronse co mando de Bombeiros, que manifestou que posiblemente se trataba dunha fuga de monóxilo de carbono que presuntamente provén do quentador atmosférico de Gas Ciudad situado na cociña, atopándose partículas de monóxilo concentradas no baño e a cociña, non descartando que os tubos de saída de gases atopásense deteriorados e provocasen a fuga de gas.

Os menores e a súa nai foron trasladados ao ÁLVARO CUNQUEIRO nas ambulancias medicalizadas, quedando a vivenda pechada e coas xanelas abertas, para ventilación total da mesma.

Ás 02:00 os Actuantes compareceron no centro Hospitalario para comprobar o estado de saúde das vítimas , entrevistándose coa nai dos menores, que lles informou que se atopaban ben e que a pediatra informara que quedaban en observación ata mañá, para vixiar a súa evolución.

Comentar noticia

Your email address will not be published.