30/04 – The Hole, cabaré burlesque da Terremoto de Alcorcón

Publicado por o día 22/04/2014 na sección de Eventos

30/04 – The Hole, cabaré burlesque da Terremoto de Alcorcón
  • Permanecerá na cidade ata o 4 de maio
  • Mestura os xéneros da música, circo, cabaré, burlesque e humor
  • Producido por LetsGo, Yllana e o actor Paco León

  A Fundación Novacaixagalicia presentará a vindeira semana o espectáculo The Hole, unha creación de Paco León, Yllana e LetsGo que chegará a Vigo, ao centro cultural da fundación galega, o 30 de abril e permanecerá ata o 4 de maio. Na obra, non recomendada para menores de 18 anos, destaca a mestura de xéneros: música, circo, cabaré, burlesque e humor, unha combinación que fai de The Hole un evento diferente marcado, sobre todo, pola expectación e a sorpresa.

Todos aquelas persoas que desexen facerse cunha localidade xa poden facelo a través das canles de comercialización habituais da Fundación Novacaixagalicia, a web de Servinova, www.servinova.com, ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500, aberta en horario de 08.00 a 22.00 h. As funcións que o espectáculo celebrará na cidade olívica son as seguintes: mércores 30, ás 20:30 h; xoves 1 e venres 2, dobre función, ás 19:30 h e ás 22:30 h; sábado 3, dobre función, ás 20:00 h e ás 23:00 h; e domingo 4, ás Risas, bágoas e, ante todo, asombro e desconcerto é a combinación de sentimentos que provocará no público The Hole (O furado), un espectáculo conducido por La Terremoto de Alcorcón, pseudónimo co que se coñece a artista de variedade Pepa Charro. Xunto a ela participan un total de catorce artistas, como a parella de acróbatas coñecida como Dúo Flash ou Julio Bellido e Nacho Sánchez, que se fan chamar Almond e El Pony Loco.

Producido por LetsGo, Yllana e o actor Paco León, The Hole é un espazo canalla no que gozar cun espectáculo fresco, descarado e moderno, que mestura temas de actualidade, política e sociedade desde a perspectiva do humor. Sorprende desde o comezo polos contidos, pero tamén pola posta en escena: ao alzarse o pano, unha espectacular escenografía, realizada por Miguel Brayda, eclipsa ao espectador, o espazo transfórmase nun lugar especial no que a maxia, a luz e a cor achegan unha atmosfera de engado e misterio. Unha gran carga sexual fusiónase co esplendor das acrobacias aéreas; un conxunto que non deixará indiferente o espectador.

The Hole é un dos espectáculos que veñen celebrar o trinta aniversario do teatro do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia, un edificio que constitúe unha referencia cultural na cidade e en Galicia. O 22 de marzo de 1984 inaugurábase a rehabilitación deste teatro por parte da que foi Caixa de Aforros Municipal de Vigo; desde entón ata hoxe, o centro centro recibiu ao longo destes anos 9.629.000 persoas que asistiron a 40.950 actos entre os que se atopa unha extensa programación infantil na que participaron 1.194.000 nenos.

PRENSA FUNDACION NOVAGALICIA