3/12 – O lago dos cisnes do Russian National Ballet en Vigo

Publicado por o día 30/11/2013 na sección de Eventos

3/12 – O lago dos cisnes do Russian National Ballet en Vigo

o-lago-dos-cisnes

 A Fundación Novacaixagalicia presentou hoxe aos medios de comunicación o espectáculo O lago dos cisnes de Tchaikovsky interpretado polo afamado ballet de Radchenko: o Russian National Ballet.

 A actuación terá lugar o día 3  de decembro en Vigo no centro cultural da entidade, na rúa Policarpo Sanz, 13. As localidades para o espectáculo xa están á venda nas canles habituais de comercialización de entradas da fundación galega: a web de Servinova, servinova.com e a billeteira telefónica 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h.