34 coidadores de barrio inician o seu labor en toda a cidade con atención durante todo o ano

O Concello dedica 540.000 euros anuais á posta en marcha deste servizo que amplía funcións, que se estende aos 12 meses do ano e á toda a cidade co obxectivo de axudar e mellorar a calidade de vida da cidadanía.
Publicado por o día 07/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

34 coidadores de barrio inician o seu labor en toda a cidade con atención durante todo o ano

Desde este luns están traballando os 34 coidadores de barrio que percorren a cidade atendendo á cidadanía para facer compras, recado,s visitas, acompañamentos médicos, saídas ou paseos. Abel Caballero explicou que se trata dun servizo voluntario e gratuíto que presta o Concello para “axudar e mellorar a calidade de vida da xente” e que ten un orzamento anual de 540.000 euros.

Desde agora, o servizo de coidadores préstase en tódolos barios da cidade de forma ininterrompida ao longo dos doce meses do ano. Nalgún casos que o precisan, faise un seguimento persoal por parte dos coidados baixo o control das traballadoras sociais municipais.

Comedores sociais

O goberno municipal deu conta este luns do apoio que presta a tódolos comedores sociais da cidade: Vida Digna (45.000 euros), La Sal de la Tierra (10.000 euros), Banco de Alimentos (83.000 euros), AFAN (55.000 euros), Fundación Santa Cruz (57.000 euros), Comedor de la Esperanza pasan da actual axuda de 23.000 euros a 46.000 euros anuais por mor do incremento do seu servizo e Misioneras del Silencio, que ata agora non recibían asignación municipal, van ser dotadas con 16.000 euros. Polo tanto, o Concello incrementa a dedicación a comedores sociais en 39.000 euros este ano.

O alcalde apuntou que os comedores sociais da cidade empezaron a funcionar con aviso previo de asistencia para garantir as medidas sanitarias de distanciamento, evitando aglomeracións e dando seguridade ás persoas que asisten.