4 anos de vida do Dinoseto en Vigo

Por o 19/05/2019 | Sección: Galicia,Vigo
4 anos de vida do Dinoseto en Vigo
Hoxe fai 4 anos que chegou a Vigo o saurio en forma de sebe, a súa entrada ao grande foi na rúa Rosalía de Castro onde aterrou nunha glorieta. Na súa aterraxe, os veciños e veciñas da rúa xa mencionada non daba crédito ao que vían, o saurio durou na zona menos de 48h.
 
O saurio foi trasladado a unha leira no barrio de Navia onde esperarían a un estudo da alcaldía xa que non sabían onde situalo, o saurio seguía e seguía días e días nunha leira de Navia esperando o seu destino, ata que… desde a alcaldía reaccionaron antes de que este secásese decidiron poñelo na Porta do Sol, máis concretamente na entrada á Praza da Princesa.
 
Este sebe en forma de saurio pasaríano a bautizar como DINOSETO, o Dinoseto converteuse nun emblema para os turistas da cidade e para tamén os residentes na mesma.
 
Os curiosos que comezaron a facerse selfies coa figura, mesmo subidos a ela, ocasionaron que o Concello protexéseo cunha tarima que permite facerse fotos con maior comodidade e sen tocalo. Co desembarco do Harmony of the Sexas, o cruceiro máis grande do mundo, chegáronse a producir colas para inmortalizarse con el.
O Dinoseto sufriu e moito, alopecia por falta de coidados, alopecia por pragas, xente incibilizada que se subia nel para facer o parvo, pero bueno… segue aí con moita vida.
 
Tanto éxito ten o Dinoseto que conta co seu propio rap en YouTube e mesmo unha conta en Twitter que seguen máis de 1.500 persoas. Desde esta plataforma comenta a actualidade sobre Vigo e todo o que ten que ver con el mesmo. Tamén protagonizou carteis como o de entroidos e ata unha campaña de sensibilización en favor dos discapacitados, pola que se vendó os ollos e un longo de campañas máis.
 
Non é o único sebe con forma de dinosauro: un Rinoseto foi instalado en Navia tras o éxito do primeiro, aínda que non logrou o mesmo recoñecemento. Ademais, tivo unha cría coñecida como Dinosetito que esta ao seu carón, hai unhas semanas Caballero anunciou que vendría outro para a cidade.

2 Respuestas a "4 anos de vida do Dinoseto en Vigo"

  1. Gamela   19/05/2019 at 19:30

    Campaña Electoral Negativa ¿Xa sabes a quen non debes votar?
    Aquí tes un montón de boas razóns para NON votar Caballero!

    https://i.gal/gamelaVD

    A democracia é cousa de tódolos días…

    Responder
  2. Gamela   19/05/2019 at 23:25

    Vigo Kitsch / Estética pretenciosa, cursi y de mal gusto o pasada de moda.
    https://flic.kr/p/zfeLC6

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.