4 meses valada a baixada A Lagoa, en Teis

Por o 07/10/2018 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
4 meses valada a baixada A Lagoa, en Teis

O concelleiro popular, Miguel Fidalgo, visitou a baixada A Lagoa, en Teis, onde os veciños suman case 4 meses co último tramo valado e roto. “Levan meses pedindo no Concello que veñan reparalo, meteron por rexistro varias solicitudes, e só lograron que poñan uns valos. Agora comeza o outono e a época de choivas, e é importante que se repare antes”, incidiu Fidalgo, quen urxiu ao goberno municipal a abordar “de inmediato” esta reparación.

Neste sentido, o edil popular ha destacado que na baixada hai muros que están a piques de caerse, e falta a canalización da auga ao lado esquerdo. “Ademais, é bastante perigoso, xa que só está habilitado un carril de circulación, sen control de semáforos nin nada, e nese tramo hai tráfico debido a que se trata dun viario de acceso ao Porto Deportivo da Lagoa e a varias empresas do sector naval”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.