4/12 Comedia en forma de thriller, Última edición.

Publicado por o día 04/12/2013 na sección de Eventos

4/12 Comedia en forma de thriller, Última edición.

ULTIMA EDICIÓN_GRUPAL 1

  A Fundación Novacaixagalicia presentará en Vigo e Pontevedra a comedia escrita por Eduardo Galán e Gabriel Olivares Última edición. Será representada o vindeiro día 4 de decembro en Vigo, no teatro do Centro Cultural da entidade, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13, ás 20.30 horas. As entradas están á venda a través do servizo de teleticketing da Fundación Novacaixagalicia, servinova.com, ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h.

   “Última edición” está escrita en forma de thriller e en ton de comedia e pretende ser una homenaxe a películas da categoría de Eva al desnudo, Armas de mujer ou Todos los hombres del presidente así como a series de investigación tales como a recentemente estreada, Homeland. O argumento conta a historia de como, ante a crise de lectores e o enorme descenso das vendas de xornais, se acaba de practicar un ERE na redacción de El Universal.

    Aínda así, o xornal acaba de contratar a Minerva, unha rapaza nova e brillante redactora, pola que o consello de administración do xornal aposta para que colabore na modernización da edición dixital e co fin de que contribúa, grazas á súa formación, no lanzamento da cabeceira. Minerva é recibida con receo por parte de Tatiana Paluzzo, a directora da publicación desde hai 25 anos, e por Fuentes, vello amigo de Paloma e redactor xefe do diario. Nestas circunstancias xorde unha nova que pode dar lugar a unha investigación xornalística que podería pór o diario no foco da noticia.