A Consellería do Medio Rural vén de rematar a xeorreferenciación do territorio afectado durante a vaga de lumes de outubro na que o dispositivo de loita contra incendios forestais de Galicia tivo que facer fronte a 264 incendios durante cuxa extinción se fixo necesario priorizar a atención ás áreas de poboación que estaban sendo afectadas.
Tal e como se anunciou no seu momento, cando se avanzaron as primeiras cifras provisionais, os esforzos do operativo centráronse en extinguir todos os incendios que houbo, asegurar que non se reproduciran e levar a cabo todas as accións de análise dos solos e do seu grao de afectación para poder proceder ao parametrizado definitivo e determinar así a cuantificación da superficie definitiva afectada que nun primeiro momento se estimou que podería roldar as 35.500 ha provisionais.
As últimas medicións indican que a superficie danada nesa vaga de lumes de outubro foi de 49.171,59 hectáreas que rexistran distinta gradación nos danos. Desta superficie, o 53,08% foi de monte arborado (26.098,13 hectáreas) mentres que a rasa representa o 46,92% (23.073,46 hectáreas). Se analizamos a área danada nesa fin de semana por provincias, Ourense foi a máis afectada con 22.623,23 hectáreas, seguida de Pontevedra con 20.085,86 ha, Lugo con 5.734,45 ha e, finalmente, A Coruña con 728,05 hectáreas.
No que ten que ver coa superficie danada en Rede Natura, esta representa o 23,14% do total ardido nesa fin de semana. Estamos a falar dun total de 11.376,69 hectáreas, sendo Ourense (con 6.769,39 ha) e Lugo (con 4.523 ha) as que rexistraron unha maior afectación.
*Datos de incendios dos últimos anos (período 1 de xaneiro-31 de decembro):
INCENDIOS
|
SUPERFICIE
|
|
2005 |
11.973
|
57.452,2
|
2006 |
6.996
|
95.947,5
|
2007 |
3.157
|
7.051,1
|
2008 |
2.546
|
6.335,8
|
2009 |
3.971
|
10.739,7
|
2010 |
3.852
|
14.807,3
|
2011 |
6.342
|
42.392,2
|
2012 |
3.794
|
15.598,2
|
2013 |
3.581
|
19.775,9
|
2014 |
1.227
|
1.991,1
|
2015 |
2.854
|
12.234,3
|
2016 |
2.354
|
21.117,5
|
Traballos de recuperación
Tal e como se anunciou no seu momento, agora toca traballar na consolidación de solos e restauración de zonas queimadas, priorizando aqueles incendios de máis de 300 hectáreas que houbo ao longo do ano 2017 e que ascenden a 32 casos.
Neste sentido, xa se iniciaron as inspeccións sobre o terreo para obter as primeiras aproximacións da situación no monte e nos bancos marisqueiros. Estase xa traballando con actuacións de mulching (solta de palla) en diversas zonas co fin de evitar o arrastre de cinzas. Estas accións, que coordina a Consellería do Medio Rural, teñen un orzamento de 7 millóns de euros.
A maiores, tamén cabe destacar que o pasado luns saía publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) as axudas para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante este mes de outubro. No caso das infraestruturas e equipamentos privados afectados e danos nas explotacións agrícolas e gandeiras, a Consellería do Medio Rural habilitou 1,5 millóns.
Noticias de última hora en Vigo