5.000 alegacións presentadas pola Comunidade de Montes de Tameiga contra o proxecto do Celta en Mos

A maior parte delas son de carácter urbanístico
Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Galicia,Mos

5.000 alegacións presentadas pola Comunidade de Montes de Tameiga contra o proxecto do Celta en Mos

A Comunidade de Montes de Tameiga presentou na mañá do martes máis de 5.000 alegacións en contra do proxecto do Celta en Mos. As reclamacións son de carácter ambiental, paixajístico, hidrícas, do patromonio cultural e de urbanismo, sendo este último apartado o que leva a palma.

No acto de presentación das alegacións, Antonioi Cajide, o presidente da Comunidade de Montes de Tameiga indicou que mañá «vin que alcaldesa e ou concelleiro de urbanismo se queixaban de que so tingan 14 alegacións a esa mostruosidade de proxecto que teñen imos a votarlle unha man e presentarlle unhas cantas máis, e aquí hai máis de 5.000». Eses cinco milleiros de obxeccións chegaron ao Concello en caixas de folios, cada unha co tipo de alegacións que recollían e foron entregadas a dúas funcionarias municipais do Concello de Mos por unha trintena de asistentes ao acto entre os comuneiros e diferentes colectivos. Tamén estiveron presentes no acto e interviñeron os portavoces do PSOE e GañaMos, ambos os partidos na oposición.

Todos eles tacharon o proxecto de centro comercial e cidade deportiva do Celta de e pediron que non vaia adiante para preservar o monte nun momento onde o cambio climático é un problema prioritario en todo o mundo.

O acto foi apoiado por as 4 comiunidades de auga, Montes de Tameiga, AVV A Portela de Tameiga sindicatos CIG, CGT e UGT, ecoloxistas Verdegaia, Ecoloxistas en acción, Extintion Rebelion, Fridays for Future, forzas políticas BNG, G.Común da Esquerda).

Suscriben pero non poideron asistir CCOO, CUT, Greenpeace e Adega.

“Tardaremos un par de días en poder rexistrar todas as alegacións, a ver cantas quedan hoxe”, din desde a comunidade. Case 5000 alegacións e ainda segiuiremos recollendo até o derradeiro día de prazo, finalizarón.