5 días e o novo plan de accesibilidade ao Álvaro Cunqueiro segue mostrando que é un fracaso

A accesibilidade segue a ser aínda despois de pasados cinco días moi caótica, a entrada do persoal no turno de mañá ás 8:15 horas segundo comisions obreiras é un suplicio aguantar as longas colas
Publicado por o día 13/02/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

5 días e o novo plan de accesibilidade ao Álvaro Cunqueiro segue mostrando que é un fracaso

O pasado día oito de febreiro, mércores, arrincaba o novo plan de acceso ao Hospital Álvaro Cunqueiro. A accesibilidade segue a ser aínda despois de pasados cinco días moi caótica, a entrada do persoal no turno de mañá ás 8:15 horas segundo comisions obreiras é un suplicio aguantar as longas colas, tamén ocorre o mesmo no turno de tarde, non só o di o sindicato senon tamén traballadores e traballadoras que estan fartos de chegar tarde aos seus postos de traballo. Dito novo plan de acceso ao hospital fai que as ambulancias queden totalmente atrapadas chegando uns minutos tarde a porta de urxencias facendo esa perda de minutos fundamental para a vida do paciente que trasladan.

Para CCOO ten un responsable de tal caos e tal inventiva de acceso ao Hospital Alvaro Cunqueiro e ese e o Xerente Felix Rubial e o seu equipa, segundo di comisións o Xerente Rubial esta plegado aos intereses da concesionaria do aparcadoiro que ensaia fórmulas ineficaces que demostran fracaso tras fracaso.

A foto que encabeza este artigo denuncia son feitas no día de hoxe, e por enésima vez CCOO insta ao SERGAS que os traballadores e traballaras poidan estacionar os seus vehículos nos outros aparcadoiros que dispón o centro de saúde, xa que mentras tanto ditas demoras a hora de entrar no recinto os traballadores e usuarios pagan as consecuencias da caótica situación.