5 preguntas a Rubén Pérez, candidato a la alcaldía por Marea Vigo

📣 Publicado por el 19/05/2015 en la sección de 5 Preguntas - Entrevistas - Marea Vigo

5 preguntas a Rubén Pérez, candidato a la alcaldía por Marea Vigo

En una nueva ronda de 5 preguntas a los cabeza de lista de los 17 partidos políticos que se presentan a las elecciones municipales, esta vez tenemos la suerte de contar con Rubén Pérez, candidato a la alcaldía por Marea de Vigo.

Buenos tardes Rubén, gracias por colaborar con este medio, siempre lo has hecho cuando te lo hemos pedido y la verdad es que es de agradecer ante la negativa o las complicaciones con otros partidos.

NOTICIAS VIGO: Después de quedarte fuera del pleno municipal en 2011 por la injusta ley electoral, ya que con 6.500 votos los demás partidos consiguieron concejal, las encuestas le dan de 0 a 2 en su aventura en la Marea de Vigo. ¿Qué expectativas tiene Rubén Pérez?

RUBÉN PÉREZ: As expectativas son sempre colectivas, dende logo que entrar na corporación é un logro para un proxecto político con meses de vida, pero a MAREA naceu para construír maioría tamén nas institucións polo que esperamos ter un resultado que permita aplicar o noso programa sen depender de apoios externos.

NOTICIAS VIGO: Desde Izquierda Unida parecen darse todas las facilidades para conformar gobiernos de unidad popular sin embargo en Vigo, parece no haber dado resultado y acuden otros partidos similares como Gañemos o EQUOPiratas con sus propias listas y Podemos no ha mostrado claramente su apoyo. Desde Izquierda Unida siempre se ha estado muy ligado a EQUO, ¿como puede ser que en Vigo no haya habido una gran coalición de izquierdas?

RUBÉN PÉREZ:

En Vigo sí hai unha gran coalición de esquerdas, que suma a maioría social e electoral da esquerda existente nas rúas, e esa é a MAREA.

A MAREA foi e é un espazo de construción colectiva, quen non quixo estar entendemos lexítima a súa postura pero non toleramos que se culpabilice a quen suma o 99% de que non esté o 1%. Nos espazos de confluencia as cousas son sempre difíciles pero se hai vontade de construción colectiva os problemas supéranse. Respectamos profundamente a decisión de EQUO pero a Marea decatouse pola prensa da súa coalición á que invitaba a sumarse aos demáis de xeito subalterno.

NOTICIAS VIGO: En las listas de Marea Vigo, van personas de IU y Anova pero también cantidad de gente en un principio anónima que ha querido dar el salto a la política y sumar sus ideas participando en las diferentes asambleas que llevaron a la creación de la Marea a través de un proceso democrático y transparente. ¿Te motiva más a nivel personal representar una candidatura popular de la que en gran parte eres cómplice de su gestación o no hay demasiadas diferencias de tu anterior candidatura en 2011 por Izquierda Unida?

RUBÉN PÉREZ: O que máis motiva é que a candidatura parta dun proceso aberto e democrático. Considero que o proceso de elección da candidatura foi absolutamente exemplar, as actas, o control da comisión de primarias do proceso, e mesmo os votos das nosas primarias están dispoñibles na web, foron votos reais depositados en urnas e calqueira persoa soamente precisaba 6 avais para poder presentarse. Este feito fai da candidatura da MAREA un ensaio do proceso de toma do poder cidadá que defendemos. Hai unha presencia notable de ANOVA e EU, cousa que é lóxica porque gran parte dos participantes militan nestas formacións pero esta hexemonía é unha virtude porque considero que as listas electorais deben ser reflexo dos espazos que queremos representar. A MAREA iguala xente con adscrición partidaria e xente sen ela nun proceso de construción da unidade popular.

NOTICIAS VIGO: Las expectativas de las Mareas sobre todo en Santiago, son bastante más altas que la de la Marea de Vigo. Personas de gran peso político han participado en actos como Beiras, Pablo Iglesias, Yolanda, Alberto Garzón en diferentes puntos de Galicia pero en Vigo no ha sido igual. ¿No echas de menos un mayor apoyo siendo la ciudad motor de Galicia?

RUBÉN PÉREZ: MAREA de Vigo sentiuse apoiada por moita xente, tivemos a Yolanda Díaz, Lídia Senra, Antón Sánchez, Eva Solla,…. Alberto Garzón finalmente por problemas de axenda (acto con Ada Colau en Barcelona) non puido estar o 15. A vantaxe que ten o proceso das MAREAS e que, dende cada especificidade, canto mellor vaian os ventos a COMPOSTELA ABERTA ou calquera outra candidatura de unidade popular, mellor singradura para MAREA DE VIGO. É moi importante reforzar Compostela, onde de xeito máis patente viuse o sistema corrupto artellado polo PP, con 9 concelleiros e concelleiras imputadas.

NOTICIAS VIGO: Llegamos a la quinta pregunta y además de agradecerle su participación, le deseamos la mayor de las suertes el próximo 24/M. No podíamos despedirnos sin centrarnos en los proyectos de la Marea Vigo así que haremos una doble pregunta que tanto le gusta a los tertulianos limitados de tiempo en programas de tv.

Uno de los puntos más sonados en el programa de la Marea es la remunicipalización de algunos servicios públicos como el agua. ¿Lo ves factible? ¿Cuánto podría ahorrarse un ciudadano medio en su factura del agua?

RUBÉN PÉREZ: É certo que a reforma local do PP dificulta a creación de empresas públicas introducindo o criterio do custe efectivo do servizo, mesmo poderían imputarnos por prevaricación por impulsar unha empresa pública contra ese criterio neoliberal que introduce a dereita na normativa das entidades locais. Pero MAREA vai loitar por que a empresa municipal sexa unha realidade asumindo os riscos e os opositores. A asociación de empresas públicas da auga cifra en máis dun 30% e por exemplo, París cando remunicipalizou a auga e quitoulle a xestión á multinacional SUEZ o aforro familiar foi en máis dun 40%.

NOTICIAS VIGO: Y en esa misma línea, ¿es factible y entra en los planes de la Marea un servicio de transporte urbano público?

RUBÉN PÉREZ: En 2019 remata a concesión de VITRASA. Será un momento no que teremos concelleiros e concelleiras da MAREA na corporación. Polo tanto, e recoñecendo a existencia dunha lei do PP antes citada inimiga do público, o noso grupo municipal vai loitar por concretar o control público do transporte en Vigo e especialmente coa oportunidade de “metropolitanizar” os servizos.

NOTICIAS VIGO: En definitiva, porque los ciudadanos de Vigo han de depositar el voto en su programa y no en el de los otros 16 partidos, ¿cuáles son los puntos clave de su programa para un ciudadano de a pie y en que puede interferir en su día a día?

RUBÉN PÉREZ: Especialmente recollemos 3 puntos que resumen a necesidade de rexeneración democrática en Vigo.

– CONTROL DO PÚBLICO: remunicipalizando servizos, modificando e dando claridade á contratación pública, cambiando as dinámicas clientelares que alternaron os gobernos do PP, PSOE e BNG.

– DEMOCRACIA PARTICIPATIVA: descentralizando o concello e dando realidade ás xuntas de distrito, instaurando os orzamentos participativos vinculantes nos barrios e recuperando as comisións abertas de control das concesionarias.

– CONCELLO INTEGRADOR E CREADOR DE EMPREGO, reforzando servizos sociais, substituíndo os cheques asistenciais por emprego digno, bonificacións fiscais, exencións de pagos de auga, lixo…. cambiando o formato clientelar dos plans de emprego, etc…. conquerir todo isto é para a cidadanía ter un concello ao servizo da clase traballadora e polo tanto da maioría social.