5 preguntas a Fran Riveiro

Por o 02/09/2014 | Sección: 5 Preguntas,Anova,Entrevistas,Opinión,Opinión por Fran Riveiro,Política
5 preguntas a Fran Riveiro
Compartir en:

Fran Riveiro es miembro de la Coordinadora local en Vigo de Anova, partido que ha concurrido en las últimas elecciones al Parlamento Gallego en coalición con Izquierda Unida, EQUO y Espacio Ecosocialicista que formaron la gran coalición AGE, Alternativa Galega de Esquerdas con cabezas visibles como Xosé Manuel Beiras o Yolanda Díaz, quien ha participado con nosotros también en la sección 5 preguntas.

1) Muy buenos días Fran Riveiro, es un placer que colabores con nosotros en Noticias Vigo y agradecemos tu tiempo ya que eres una persona muy activa, mostrando tu apoyo en casi la totalidad de los actos que transcurren casi a diario en la ciudad en defensa de servicios esenciales como la sanidad o la educación.

El pleno de Vigo con la mayoría de PSOE y PP han sacado adelante los Presupuestos 2014. Esto no es la primera vez que sucede y mientras la alcaldía socialista se mantiene gracias al apoyo del BNG, en los últimos plenos PPSOE parecen ir de la mano. ¿Que opinión tienes al respecto? ¿Es lógico un gobierno PSOE + BNG y que en los plenos todo se apruebe con PSOE + PP?

Para entender o pacto PPSOE, temos que facer unha análise do panorama político e tamén social do Pais como do resto do Estado español.

Os continuos casos de corrupción,os recortes de servizos públicos e en dereitos fundamentais,o pago da débeda non adquirida pola cidadanía a aprobación de leis que benefician o Capital e a Banca e perxudican o Pobo…,fan que o clima de descontento e crispación social vaia en aumento e a isto sumamos que a resposta do poder é a represión policial.

Ante esta situación ,a irrupción de novas organización políticas e movementos sociais fan que o sistema bipartidista PPSOE sinta ameazada a suan hexemonía(o fin son as duas caras da mesma moeda) e pacten por supervivencia e por manterse aferrados o poder a toda costa.

Lembremos a historia e retrocedamos ata a mal chamada transición no que estes partidos ,herdeiros do réxime franquista,pactaron para cumplir a última vontade do dictador restaurando a monarquía borbónica as costas do Pobo,cando o que se tería que facer é restaurar a República ou cando menos darlle a opción a decidir o Pobo en refendo.

No caso de Vigo e os orzamentos, anteponse os intereses do PPSOE por riba dos intereses da cidadanía, proba delo é que na elaboración e aprobación dos orzamentos non se habilitaron mecanismos de participación cidadá nin se tivo en conta a opinión dos diferentes colectivos sociais. Rexeitáronse a totalidade das enmendas presentadas e aprobaronse por intereses partidistas e en particular polo propio interese do alcalde.

É totalmente ilóxico que, un gobernó municipal do PSOE en minoría,faga desplantes e desprece o seu socio de gobernó. A explicación, a marxe dos intereses partidistas, podemos atopala nos interese persoais do alcalde que instaurou unha sorte de gobernó feudal en Vigo.

Carece de toda lóxica que durante todos estes anos de continua ofensiva contra o PP, agora vaian xuntos da man o cal pon de manifesto que o alcalde, con tal de perpetuarse no poder e acadar os seus fins persoais pactaría co mesmo diaño e no caso do PP local ponse de manifestó a complicidade e a falla de proxecto político para Vigo.

O fin estase demostrando que PSOE e PP o mesmo é.

2) Otro de los alardes del alcalde que no deja de contarnos en sus medios de comunicación es su lucha continua por el Aeropuerto de Vigo, tachando al Gobierno de Feijoó de tenernos abandonados. La realidad es que Peinador no deja de ampliarse y el número de pasajeros a cada encuesta que sale es menor. ¿Eran necesarias las ampliaciones del aeropuerto en el momento actual de crisis que estamos viviendo?

O certo é que as ampliacións do aeroporto so están beneficiando as empresas privadas que executan as obras, provocando un derroche de fondos públicos tan necesarios para paliar outras situación máis graves.

A realidade é que temos unha superestructura infrautilizada como tantas outras que hai na cidade, por outra banda, coa situación de crise que estamos a vivir e incluso sin ela, non se pode permitir a financiación con fondos públicos a empresas aéreas privadas. Por contra,debería financiarse a promoción e potenciar a imaxe de Vigo no exterior, non so no ámbito turístico senon tamén no de negocio.

O problema do aeroporto é extensible o resto do Pais, debe realizarse un estudo de viabilidade dos tres aeroportos, reestructurar a rede aeroportuaria galega evitando a competencia entre eles e fomentando a especialización e intercolaboración entre os mesmos,dita rede debe complementarse cun plan de transporte por ferrocarril e estrada co fin de mellorar as comunicacións tanto dentro como cara o exterior de Galicia.

Debe recuperarse a rede de transporte metropolitan que, por certo, encargouse de dinamitar o alcalde coa sua política localista.
Hai que fuxir de localismos que están aillando a cidade e buscar fórmulas de colaboración con outros concellos, mesmo co norte de Portugal, ese é o único xeito de medrar e progresar.

3) Un sector clave en nuestra ciudad además del puerto y la automoción es el naval. Barreras ha sido comprada por PEMEX y promete de inmediato dotar de carga de trabajo el astillero por varios años pero a cambio se ha hecho público que ha pedido el traspaso de conocimientos tecnológicos. ¿Qué futuro le pronosticas a Barreras?

Para as persoas que pertencemos o sector do metal, o aumento de carga de traballo sempre son boas novas, sobre todo no naval. Un sector que foi acosado e boicoteado dende o Parlamento Europeo que tanto os gobernos de Rajoy e Feijoo non superon defender.

A valoración que fago é que existe o risco de que en cinco ou como moito dez anos, logo do traspaso de coñecementos tecnolóxicos e formación de cadros técnicos propios, PEMEX decida desmantelar o asteleiro deslocalizando o traballo e trasladando a sua base de operación a outro país, que ben pode ser México, onde os custos laboráis e materiais son máis baixos e os beneficios maiores.

Non esquezamos que os asteleiros vigueses son punteirostanto a nivel tecnolóxico como na cualificación dos/as profesionais que traballan no sector, algo no que PEMEX xa amosou o seu interese por facerse con estes coñecementos.

4) En las últimas semanas estamos viendo a los vecinos de Teis muy activos en su lucha por seguir manteniendo el control del Centro Cívico cortando calles e incluso provocando la suspensión de plenos. Por muchas personas aún es desconocido el movimiento vecinal por el mutismo de ciertos medios de comunicación. Para los mas despistados, ¿nos podrías decir qué está pasando exactamente en Teis y las consecuencias que podrían derivarse de la pérdida del control vecinal?

O que acontece, non so en Teis, si non tamén co movemento vecinal en Vigo ten que que ver co proceso de doma e castración aplicado polo alcalde para someter calquera voz que discrepe con el ou amose a realidade duns feitos que el intenta agochar.

En concreto ,o barrio de Teis e os seus vecinos levan demandando durante moitos anos melloras e dotacións necesarias para dito barrio e denunciando as continuas averias e roturas en infraestructuras como a rede de saneamento, a rede vial ou incluso o propio cementerio, no que o mantemento e competencia do concello.

O alcalde, lonxe de atender e dar solución as demandas veciñais, nun primeiro intre as ignora e incumple tódolos acordos plenarios relacionados coas melloras de dito barrio. Ante as continuas denuncias e manifestacións da veciñanza, pasa a ofensiva e os castiga retirándolle a xestión do Centro Cívico de Teis,unha xestión por certo exemplar, para entregarlla a unha empresa privada que nada ten que ver co barrio.

Curiosamente entrégalle a xestión dos centros cívicos propios a outros barrios que se amosan máis “sumisos”.

5) A poco tiempo para las elecciones a la Alcaldía de Vigo, ¿se conoce si Anova volverá a concurrir a las elecciones con Izquierda Unida? ¿Podría sumarse Podemos?  Si las encuestas y las últimas votaciones no fallan, podríamos estar ante un gobierno en Vigo formado por la unión de todas las fuerzas políticas nacionalistas y de izquierdas. ¿Lo ves posible?

Anova, dende os seus principios, ven defendendo a proposta da Fronte Ampla, froito disto foi a irrupción de AGE nas eleccións autonómicas e AGEE nas europeas, o resultado destas últimas sumado o desgaste do bipartidismo PPSOE e a irrupción de novas forzas da esquerda rupturista fai preciso que afondemos todavía máis nas dinámicas da Fronte Ampla. Por iso,de cara a municipais 2015 apostamos de novo por unha confluencia da esquerda rupturista promovendo, apoiando e participando nas candidaturas de base popular/cidadá que sexan froito dun proceso asamblear, democrático e participativo no que confluan forzas da esquerda rupturista, movementos sociais e cidadanía en xeral cun común denominador de propostas programáticas e obxetivos comúns de cara a rexeneración democrática da política municipal.

Nuevamente agradecemos tu tiempo y todo nuestro apoyo a la gran labor social que no solo personalmente y desde Anova realizas, sino a otros colectivos como a ODS Coia, PAH e a Parroquia do Cristo da Victoria. Gracias por vuestra lucha.