5 preguntas a Francisco Jorquera

Publicado por o día 29/08/2013 na sección de 5 Preguntas,BNG,Entrevistas,Política

5 preguntas a Francisco Jorquera

Francisco Jorquera BNG

   Francisco Jorquera es el portavoz del grupo parlamentario del Bloque Nacionalista Galego, BNG y miembro de su Ejecutiva Nacional.

   En los pasados comicios, fue candidato a la presidencia de A Xunta y hoy tenemos la suerte de contar con su amabilidad y participar en la sección 5 preguntas.

[divider]

 Buenos días Francisco Jorquera, gracias por  la ocasión que nos brindas participando en la sección “5 preguntas” donde intentaremos como venimos haciendo habitualmente, tocar los temas de actualidad y preocupación de vigueses y gallegos.

1.- En primer lugar, uno de los temas que más interesa saber a los vigueses es la situación del sector naval, con escasa actividad desde hace años y con ilusiones generadas por el presidente de A Xunta con los contratos de PEMEX que no dan llegado y seguramente no lleguen como dejo caer Feijoó en declaraciones a medios nacionales. ¿Qué futuro le ves al sector naval gallego a corto plazo? ¿Crees que desde A Xunta se podrían aplicar otro tipo de políticas y ayudas que impulsen a un sector lastrado por la crisis económica y algunas de las decisiones tomadas desde Bruselas?

    O sector naval é un sector chave para a comarca de Vigo e o conxunto de Galiza e corre o risco de desaparecer froito, en boa medida, de decisións políticas. A suspensión primeiro do Tax Lease e a decisión agora  do colexio de comisarios da Unión Europea de obrigar a devolver as bonificacións só pode entenderse dun xeito:  forzar a expulsión do mercado dos estaleiros galegos para beneficar a outros países.

Con todo Galiza non pode dar por perdido o sector naval. É necesario que a  Xunta de Galiza, en vez de ser a campioa das promesas incumplidas,  defina unha auténtica política industrial para o sector, outorgándolle a consideración de estratéxico para Galiza e apostando pola diversificación produtiva e actividades que aporten máis valor engadido.  A suspensión do Tax Lease tamén afectou a estaleiros doutras comunidades e porén no último ano Galiza deixou de ser a grande potencia do sector naval no Estado para ser superada por Euskadi e Asturias. Eis a demostración do fracaso do Goberno Feijóo.

Doutra banda, hai que demandar ao Estado español non só  que recurra a decisión do colexio de comisarios, senón tamén que teña un compromiso claro co naval. O Goberno español é quen ten que determinar quen, cando e cómo se teñen que  devolver as bonificacións e o beneficiario desa devolución será o proprio Estado español. Por iso o Estado ten que arbitrar os mecanismos que a efectos prácticos deixe sen efectos a devolución das bonificacións ou ben, se  opta porque se fagan efectivas, asegurar que eses cartos vaian destinados a liñas de crédito que eviten a  asfixia financeira do sector.

 2.- Otra de las preocupaciones de los gallegos y de los españoles, como así demuestran los sondeos es la educación, no solo por la llamada LEY WERT sino por otras pequeñas decisiones políticas que se van tomando con el paso de los días. Hoy mismo, A Xunta ha publicado que hasta 2017 se seguirá subvencionando a colegios que separan mujeres de hombres, presididos por miembros del Opus Dei y con una sentencia clara del Tribunal Superior de Xustiza prohibiéndolo mientras se bajan becas a estudiantes más que necesitados. ¿Qué opinión le genera al respeto la política del PP en materia de enseñanza tanto a nivel de Galicia como de España?

O PP quere un ensino para ricos e outro para pobres e impoñer o seu modelo ideolóxico no ensino. As subvencións a centros que segregan por xénero ou os ataques ao idioma galego  son un claro exemplo. 

A dereita está usando a crise como pretexto para degradar servizos públicos esenciais con continuos recurtes mentres favorece a rede privada. Dificilmente se pode cambiar o patrón de crecemento e apostar polo coñecemento recurtando en ensino. Recurtar no ensino e recurtar no principal activo para o futuro dun país como é a formación das persoas. .

3.- Hablemos de subvenciones a aerolíneas ¿Ves necesario este tipo de ayudas para la sostenibilidad y creación de empleo por parte de las grandes empresas? . Esta semana ha estallado la polémica entre el alcalde de Santiago y el de Vigo  después de las acusaciones de Abel Caballero al gobierno de A Xunta en las que solicita recibir el mismo dinero que Santiago de Compostela.  Peinador se ha convertido en tema político diario por parte del alcalde de Vigo. ¿no sería mejor acabar con todo tipo de ayudas en el conjunto de Galicia a este tipo de empresas que en algunos casos ofrecen servicios lamentables al ciudadano?

Filosoficamente concordo en que non debería haber estas axudas indirectas a empresas privadas e de habelas terían que estar condicionadas a unha boa prestación de servizo, pero hai  que preguntarse se Galiza non podería sair prexudicada de prescindir totalmente destas axudas nun contexto no que outros territorios están recurrindo a estas subvencións para atraer compañias e enlaces.

Creo que o futuro dos aeroportos galegos pasa por superar dinámicas localistas de competencia entre sí e apostar pola especialización e complementarieade dos tres aeroportos como partes integrantes dun único sistema aeroportuario galego. Para iso é necesario diversificar as rutas superando a concentración de destinos en Madrid e evitar a existencia de ofertas de destinos concorrentes en aeroportos distantes tan só 70km. Nese deseño, por suposto, Vigo como capital industrial de Galiza non pode ficar sen conexións, desde primeira hora da mañá, con Madrid.

4.- Siguiendo con la actualidad de Vigo, el pacto entre BNG y PSOE ha hecho alcalde a Abel Caballero pero muchas son las discrepancias entre dos partidos que parecen no entenderse por muchos años que pasen. Hace unos días hemos conocido la decisión de Abel Caballero con el apoyo del PP de adelantar el pago de la deuda del Ayuntamiento al banco, algo que ha sido muy criticado por BNG, EU y CxG. Sin embargo, en otras decisiones como los presupuestos que algunos han tachado de desorbitados con la que está cayendo, el apoyo del BNG ha valido para sacarlos adelante. Para muchos ciudadanos, la voz del BNG en la ciudad de Vigo es escasa para ser parte del gobierno. ¿Ves sostenibilidad a largo plazo en este pacto y que papel ejerce el BNG como parte de las decisiones tomadas por el alcalde?.  En caso de una hipotética moción de censura hoy y celebrarse elecciones a la alcaldía de Vigo, algunos de los sondeos publicados darían un gobierno BNG + AGE a no ser que PSOE y PP pactarán. En caso de darse estos resultados, ¿crees posible que tanto socialistas como populares por derrotar al nacionalismo vigués, lleguen a pactar como hicieron en el País Vasco y no crees que beneficiaría mas al propio BNG un pacto con AGE que con el PSOE como sucede actualmente?

O BNG non suscrebeu en Vigo nengún pacto de goberno co PSOE. O apoio a Abel Caballero na escolla de Alcalde foi un acto pontual para evitar que a alcaldía a acadase o PP.  Do contrario,  e aínda que non o pretendesemos, estariamos axudando a reforzar aínda máis a hexemonía dun partido que xa goberna no Estado, en Galiza e en tres  das  catro Deputacións Provinciais e está usando esa acumulación de poder para lanzar un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e políticos básicos.

Na miña opinión o BNG está a facer un bó traballo de oposición no Concello de Vigo e aspiramos a facer posíbel unha alternativa de Goberno nacionalista na cidade. A posibilidade de pactos con outras forzas dependerá da composición da futura corporación e das coincidencias na negociación dun programa.

Creo que o PP e o  PSOE comparten, con matices, un mesmo modelo de Estado e un mesmo modelo económico-social. Se considerasen que unha maioría nacionalista, en Vigo ou en Galiza, representa unha ameaza para a pervivencia dese modelo estou certo de que chegarían  a acordos entre eles para intentar excluir ao nacionalismo.

5.- Para terminar nos gustaría centrarnos en los dos partidos nacionalistas con representación en el parlamento gallego. Desde la ruptura con Beiras, muchos han sido los rumores que en las próximas elecciones podrían volver a ir en un solo frente para no dividir el voto. ¿Cuál es la situación actual entre Anova y BNG? ¿Ves una conciliación a pronto plazo?

O BNG está a favor de impulsar espazos de diálogo e cooperación coas outras forzas políticas nacionalistas para reconstruir a unidade do nacionalismo galego, máis este proceso require tempo se non se quere dar pasos en falso.

A relación de  Anova con Esquerda Unida é un factor que nestes momentos dificulta avanzar cara a unidade. Galiza precisa de forzas política propias, plenamente soberanas e independentes, e isto é incompatíbel con manter vencellos estabeis con forzas políticas de obediencia estatal. Nun contexto no que o modelo de Estado nacido da transición está en crise  e  nos vindeiros anos vai xogarse que status político van ter as nacións existentes no Estado español (Galiza, Euskadi, Catalunya) para Galiza é básico participar nese proceso con voz propia e iso só se pode facer reforzando o nacionalismo galego.

 Sr. Jorquera, muchas gracias por acceder a esta sección de “5 preguntas” donde hemos hablado sobre algunos de los temas de actualidad como educación, sector naval, aeropuertos, gobierno PSOE + BNG en Vigo asi como las relaciones actuales entre A Nova y Bloque Nacionalista Galego. Ha sido un placer poder tener la oportunidad de entrevistarle y agradecerle que sea posible conocer su opinión entre los lectores de Noticias Vigo. Gracias.