O 50% das fontes de Camos e Chandebrito non son aptas para o consumo tralo incendio

O Concello procederá inmediatamente a colocar os respectivos carteis informativos nas máis de 30 fontes analizadas.
Publicado por o día 25/10/2017 na sección de Galicia,Nigrán,Salud

O 50% das fontes de Camos e Chandebrito non son aptas para o consumo tralo incendio

As análises encargadas polo Concello de Nigrán das fontes das parroquias de Camos e Chandebrito detectaron que máis do 50% delas non son aptas para o consumo a consecuencia dos estragos do lume. En total, analizaronse 21 mananciais dos que once se consideran temporalmente non potables, 7 deles se corresponden a Camos (fonte do Río, do Rial, da Lama, do Escampado, da Cruz, do Carballal e Borreiros) e 4 a Chandebrito (Cocho de Abaixo, Regueiro, das Tomadas, e do Castro). Algunhas outras fontes destas zonas están secas actualmente, polo que non puideron ser analizadas.

Esta información foi trasladada xa ás entidades veciñais das parroquias e o Concello procederá inmediatamente a sinalizar cada unha delas, repetíndose periodicamente as análises para manter unha información actualizada. En calquera caso, pídeselle á veciñanza que preste atención á sinalización e non beba mentres se indique unha fonte como non apta para consumo.

O Concello de Nigrán repartiu máis de 70.000 litros de auga nas parroquias de Chandebrito e Camos. Ademáis de afectar ás fontes, o incendio destruiu canalizacións de traídas comunáis e mesmo dos seus depósitos, motivo polo que os veciños de Chandebrito e boa parte dos de Camos non teñen actualmente auga, xa que nesta zona non hai abastecemento municipal.

Grazas as empresas concesionarias Aqualia e Cespa estase a sutir aos  depósitos, paralelamente o Concello repartiu máis de mil litros en botellas de auga.