50 quilómetros de rúas de Vigo son desinfectadas cada noite

Publicado por o día 05/04/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

50 quilómetros de rúas de Vigo son desinfectadas cada noite

O traballo realízase con persoal, produto e vehículos dos servizos municipais, que empregan canóns cedidos pola empresa Galca. Con eles, o Concello acomete cada noite a desinfección de cincuenta quilómetros de rúas, segundo afirmou este venres o alcalde.

O Concello limpa cada día o casco urbano da cidade, tamén as zonas de influencia de todas as parroquias viguesas, todos os centros de saúde e, como no caso deste xoves, os hospitais de Vithas Fátima e de Povisa. O Concello afronta tamén a desinfección diaria dos mercados, os centros de alimentación e os arredores das farmacias, supermercados e estancos no centro da cidade. Igualmente faino en dependencias como o pavillón do Berbés (habilitado polo goberno vigués para persoas sen teito), CEDRO, a Policía Local, os parques de Bombeiros de Teis e Balaídos, o Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social de Marqués de Valterra, Protección Civil e os cemiterios de Pereiró, Teis e Lavadores.

Rúas e parroquias

O Concello efectúa cada día, recordou Caballero, desinfeccións en “todas as parroquias de Vigo”: Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Coruxo, Matamá, Saiáns, San Andrés de Comesaña, San Paio, Sárdoma, Valladares, Zamáns, Teis, Lavadores, Navia e Oia.

E ademais, no casco urbano: Avenida Aeroporto, Álvaro Cunqueiro, Aragón, Areal, Avda Atlántida, Avda Galicia, Avda Madrid, Balaídos, Barcelona, barrio da Rola, barrio da Salgueira, barrio das Flores, barrio de Ribadavia, barrio de San Roque, barrio da Estrada Provincial, Bichita, Blein Budiño, Buenos Aires, Cachamuíña, Camelias, Canido, Casco Vello, Casco Vello de Bouzas, Avda Castelao, Centro Comercial A Laxe, Centro Comercial Alcampo de Coia, Centro Comercial Coia 4, Centro Comercial El Corte Inglés, Centro Comercial Gran Vía, Centro Comercial Plaza E, Centro Comercial Travesía, Cervantes con Rogelio Abalde, Colón, Coruña, Elduayen, escaleiras da Cruz Vermella, Falperra, Florida, Fragoso, García Barbón, Gorxal, Gran Vía, Gregorio Espino, Hispanidade, Jenaro de la Fuente, Lalín, Llorente, López Mora, Martínez Garrido, Mercado de Bouzas, Mercado de Travesas, Mercado de Cabral, Mercado de Teis, Mercado do Berbés, Mercado do Calvario, Mercado do Progreso, Camiño de Mide, Moledo, Montero Ríos, Paseo Alfonso XII, Paseo de Granada, Urzáiz, Pi y Margall, Pintor José Frau, Pizarro, Praza América, Praza da Estrela, Praza de Compostela, Praza IES Aragón (fontes de Aragón), Praza Independencia, Praza Industria, Praza Sanjurjo Badía con Santander, Policarpo Sanz, Porta do Sol, Portanet, Pracer, Praza de España, Praza do Rei, Praza Fernando el Católico, Praza Isabel a Católica, Príncipe, Ramón Nieto, Rectorado, Ríos, Romil, Rosalía de Castro, Sanjurjo Badía, Santa Marta, Santiago de Vigo, soportáis do Berbés, Teixugueiras e transversais, Tomás Alonso, Torrecedeira, Travesía de Vigo, Venezuela, Zamora, Zaragoza e barrio dos Paxaros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.