50 voluntari@s do Banco de Alimentos participarán na última Operación Quilo antes da Gran Recollida

A acción solidaria desenvolverase, mañá, venres, e o sábado, 4 e 5 de outubro, de maneira ininterrompida, no Corte Inglés de Vigo e Supercor de Pontevedra
Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Galicia,Pontevedra,Social,Vigo

50 voluntari@s do Banco de Alimentos participarán na última Operación Quilo antes da Gran Recollida

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará esta fin de semana a 50 voluntari@s que participarán na última Operación Quilo antes da celebración da súa xa tradicional Gran Recollida, prevista para os próximos 22 e 23 de novembro.

A acción solidaria desenvolverase, mañá, venres, e o sábado, 4 e 5 de outubro, de maneira ininterrompida, durante o horario comercial do Corte Inglés de Vigo e Supercor de Pontevedra. O persoal da ONG, perfectamente identificado, facilitará as doazóns de alimentos que a cidadanía queira entregar.

Desde a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo agradécese tanto a implicación das dúas superficies comerciais como a solidariedade dos voluntari@ s que, novamente, regalarán catro horas do seu tempo a favor das persoas con dificultades na provincia de Pontevedra.

Os alimentos máis demandados polos colectivos sociais son os produtos que xa veñen preparados e necesitan pouca elaboración (legumes envasados en tarros de cristal ou conservas vexetais de todo tipo), así como aceite, galletas, cacao ou leite. Con todo, calquera quilo de comida non perecedoiro é ben recibido, xa que a necesidade, lonxe de diminuír, segue aumentando mes a mes.

Durante os seis primeiros meses de 2019, o Banco de Alimentos repartiu preto de 1,1 millóns de quilos. En 2018, entregou ao redor de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos), a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, cubrindo o 35% das necesidades das persoas máis desfavorecidas ás que axuda.

A ONG, creada en 1995, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Desde 2014, a entidade conta con delegación propia en Pontevedra.

Comentar noticia

Your email address will not be published.