500 Anos despois. A vela tras o ronsel de Elcano, 2019-2022

Unha invitación para dar a volta ao mundo, 500 anos despois de que o fixese J.S. Elcano. O 8 de setembro
Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Galicia,Vigo

500 Anos despois. A vela tras o ronsel de Elcano, 2019-2022

Unha invitación para dar a volta ao mundo, 500 anos despois de que o fixese J.S. Elcano. O 8 de setembro de 1522 chegaban a Sevilla os sobreviventes dunha expedición de 244 que saíran tres anos antes e da que formaban parte 9 galegos: 5 de Pontevedra, 2 da Coruña, 1 de Lugo e 1 de Ourense. Eran 18 homes esfameados pero vivos e á súa fronte venia Juan Sebastián Elcano que conseguira devolverlles a casa tras completar a I Volta ao mundo
da historia. Xunto a el, entre outros, Diego Carmena Gallego, mariñeiro de Bayona e Vasco Gómez Gallego, alcumado o Portugués, grumete de Bayona, que integran o pequeno grupo das testemuñas e protagonistas de tamaña fazaña.
Luís Cayetano, membro da Xunta Directiva de AGNYEE, Almirante retirado, presentará o proxecto “Tras o ronsel de J.S. Elcano“ que, con motivo do V Centenario da I Volta ao Mundo, impulsa a Asociación de Amigos dos Grandes Navegantes e Exploradores Españois (AGNYEE) ( https:// agnyee. com/v-centenario/). Un proxecto de navegación de 44.000 Mn. que replicará a viaxe histórica de Magallanes e Elcano ao longo dos océanos Atlántico, Pacífico e Indico. Nesta ocasión, ao longo de tres anos (2019-2022) unha tripulación de voluntarios nun veleiro moderno completará a singradura e proxectará sobre os países do percorrido a vocación de amizade e
colaboración de España, en coordinación coas institucións culturais, económicas e diplomáticas do noso país.
A conferencia terá lugar no Auditorio do Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria o xoves 9 de maio ás 19.00 h. Dirección: extremo W da Terminal de Transatlánticos de Vigo.