52 establecementos hostaleiros repartidos por toda a cidade olívica compiten por conseguir o premio á mellor tapa

Desde hoxe e ata o próximo 10 de Novembro, 52 restauradores da cidade, competirán por ver cal é a mellor tapa no Concurso de tapas de Vigo: Petisquiño, que con esta xa son seis as edicións celebradas.

Os establecementos están repartidos en 6 áreas de Vigo: Casco Vello, Centro, Corte Inglés Casabranca, Náutico, Bouzas e Lavadores.

Os locais participantes

Para coñecer todos os detalles do concurso: nome de participantes, tapas, horarios de degustación, contido en alérgenos, … creouse unha nova aplicación á cal se pode acceder a través da ligazón http://bit.do/petis ou desde o play store buscando Hosteleria Pontevedra así como a través das canles habituais do concurso como a páxina web www.petisquiño.com ou nas redes sociais https://www.facebook.com/petisquinovigo/ https://www.instagram.com/petisquinovigo/ ou https://twitter. com/ petisquino.

O Petisquiño conta co apoio de diferentes empresas privadas entre as que se atopa Estrela Galicia (Hijos de Rivera), como patrocinador principal, Adegas Grandes Pagos (Fraga do Curvo) e Vive Vigo, así como o apoio institucional do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra. Sen todos eles este concurso non sería posible.

A elección das tapas gañadoras virá determinadas polos resultados obtidos por unha banda, das valoracións emitidas por un xurado profesional, composto por 12 profesionais relacionados co mundo da gastronomía e restauración e doutra banda, por un xurado popular, os propios cidadáns que degusten as distintas elaboracións e depositen os seus votos correctamente nas urnas destinadas para tal fin.

Ambos os xurados terán en conta para a súa valoración os seguintes criterios: Calidade/Prezo, Presentación, Sabor e Calidade do Servizo.

De todas as valoracións obteranse os seguintes premios aos participantes:

– Premio Estrela Galicia á Mellor tapa: será a que acumule mellor puntuación, agregando as puntuacións correspondentes a Calidade/Prezo, Presentación, Sabor e Calidade do Servizo. O establecemento gañará entradas para acudir ao Salón Gourmet para dúas persoas máis unha bolsa de viaxe valorada en 500 €.

Ademais representará á cidade de Vigo en De tapas por Galicia

– Tapas finalistas: outorgaranse mencións ás 4 tapas finalistas

– Premio á tapa máis popular: a que acumule máis votacións. Para iso, só serán consideradas como válidas aquelas papeletas que teñan rexistradas a visita a un mínimo de 3 establecementos.

– Premio á mellor maridaxe con Fraga do Curvo, a aquelas tapas que se mariden con viño Fraga do Corvo.

⇒ Lote de viño valorado en 500 €

– Premio especial: Tapa máis Riquiña (patrocinado por Vive Vigo):

⇒ Premio dunha sesión fotográfica do establecemento valorada en 350 €.

– Premio especial Tradición

– Premios especial Innovación

O público que deguste e colabore nas votacións, tamén gozará de premios especiais en produto así como realizaranse diferentes sorteos que dinamizarán o concurso a través das redes sociais.

Todos estes premios (participantes e públicos) están patrocinados por ESTRELLA GALICIA (Patrocinador Principal do Concurso), FRAGA DO CORVO e VIVE VIGO.

A presentación oficial tivo lugar o pasado luns, 14 de outubro e contou coa presenza, ademais dos hostaleiros participantes e os responsables da Federación de Hostalería, co Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero Álvarez; o Concelleiro da área de Parques e Xardíns, Comercio, Distritos e Festas Especiais a presidenta da Deputación de Pontevedra, Dª. Carmela Silva Rego e o Deputado de Cooperación cos concellos e Asistencia Intermunicipal, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz.

Tamén contou coa intervención. D Nolo Giraldez, en representación de Adegas Grandes Pagos (Fraga do Corvo).

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM