55 casos de cans encadeados na comarca de Vigo

Estas situacións representan o 15% dos casos documentados en toda Galicia
Por o 08/11/2018 | Sección: Galicia,Social,Vigo
55 casos de cans encadeados na comarca de Vigo
A campaña #SenCadeas, iniciada hai meses pola coalición entre a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber e que vehicula a través dunha páxina web (www.sencadeas.info) as queixas cidadás, anónimas, sobre cans encadeados de forma permanente, informou esta mañá do número de situacións producidas na comarca de Vigo, con 55 casos ata o momento.
 
A iniciativa dos colectivos en defensa dos animais xurdiu con forza tras a aprobación da Lei de Benestar Animal de Galicia, que no seu articulado prohibe a limitación de movementos de forma continuada, como o encadenamiento perpetuo ao que son sometidos decenas de cans, pero tamén gatos, na comunidade e que agora está proscrito.
 
Así, a norma autonómica contempla como infracción grave esta conduta, que pode causar problemas psíquicos e físicos aos animais, con multas de ata 5.000€ e tamén a posibilidade de inhabilitar para a tenencia dos mesmos ou outros, ao responsable dos actos de crueldade por un máximo de cinco anos.
 
FFW e LIBERA! mostráronse moi críticos coa resposta da Xunta, xa que un ano despois da entrada en vigor da nova Lei, as denuncias formuladas polos animalistas recibiron moi poucas respostas, como o caso da comarca olívica, onde non recibiron contestación algunha aos escritos que marcaban algúns dos casos máis preocupantes.
 
Esta situación, a xuízo das organizacións, está a xerar non só unha despreocupación da cidadanía ao ver que as súas denuncias non obteñen unha resposta satisfactoria, senón tamén o mantemento da sensación de impunidade dos infractores, que en non poucos casos sospéitase que nin tan sequera identificaron aos cánidos, outra conduta sancionable como infracción grave.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.