550 deportistas citados en Verducido para disputar o campionato galego de invierno

Por o 05/03/2019 | Sección: Deportes,Piragüismo
550 deportistas citados en Verducido para disputar o campionato galego de invierno

Durante a mañá do próximo sábado celebrarase no “Complexo Deportivo David Cal” de Verducido o Campionato Galego de Inverno individual para as categorías infantil e cadete, sobre a distancia de 5.000 e 3000 metros, cunha participación de máis de 550 padeeiros de 39 equipos da comunidade.

A esta competición das novas promesas autonómicas chegan os conxuntos do Náutico Pontecesures e Náutico Firrete con 56 e 42 deportistas nas súas filas que lles fan favoritos a levar os títulos en xogo.

A primeira das saídas da xornada está prevista para as 10:00 da mañá coa participación das mulleres infantís B da modalidade de kaiak, para pechar a competición os homes cadete kaiak competirán ás 13:30, sendo esta a saída máis numerosa do día con máis de 130 participantes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.