6 incidencias en Vigo polo episodio metereolóxico adverso

O CIAE 112 Galicia rexistrou preto de 40 incidencias relacionadas co episodio adverso de meteoroloxía
Publicado por o día 29/02/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

6 incidencias en Vigo polo episodio metereolóxico adverso

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistrou entre as nove horas da pasada noite e as oito desta mañá un total de 37 incidencias relacionadas co episodio meteorolóxico adverso que afectou á nosa Comunidade.

Por provincias, en Pontevedra contabilizáronse 22 incidencias, seguida da Coruña con 14 e 1 en Ourense. Restos de accidentes e obxectos varios nas estradas (14), a caída de pólas e árbores nas vías de circulación (14) e accións de prevención de riscos (5) foron as incidencias que máis se repetiron.

En canto aos concellos máis afectados destaca o de Vigo con 6 incidencias, Cangas alcanzou as 4 e en Cuntis 2. Rianxo, Muros e A Coruña sumaron 2 respectivamente e en Cenlle houbo 1 incidencia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.