60 alumn@s dun buque escola con escala en Vigo realizarán unha Operación Quilo para o Banco de Alimentos

Trátase do Sorlandet que leva a bordo a estudantes do A + World Academy procedentes de distintos países como Estados Unidos, México ou India, entre outros, e cuxa estancia xestionou a Fundación Traslatio.
Publicado por o día 10/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

60  alumn@s dun buque escola con escala en Vigo realizarán unha Operación Quilo para o Banco de Alimentos

Uns 60 alumn@s do A + World Academy a bordo do buque escola Sorlandet, atracado no porto vigués grazas á xestión da Fundación Traslatio, realizarán mañá, venres, unha Operación Quilo especial a favor do Banco de Alimentos.

Persoal deste barco de vela, que está a percorrer distintas cidades do mundo, púxose en contacto semanas atrás coa ONG solicitando unha acción de voluntariado para os seus estudantes procedentes de países como Noruega, India, México ou EEUU, entre outros.

Para poder levar a cabo con éxito a recollida de alimentos, responsables da Fundación Provincial Banco de Alimentos desprazáronse este xoves ata as instalacións do buque escola onde ofreceron unha charla formativa sobre a actividade da entidade e recibiron oficialmente o peto de voluntari@.

Durante o encontro, o presidente e vicepresidente da entidade, Pedro Pereira e Iván Martínez, respectivamente, agradeceron o interese mostrado polo persoal deste buque escola de gran prestixio educativo e aseguraron aos alumn@ s unha xornada en grao sumo enriquecedora. “Ides vivir unha experiencia única, en cuestións académicas non só hai que ser os mellores estudantes ou tentalo, senón que tamén hai que saberse poñer na pel das persoas que, desgraciadamente, non poden ter unha vida como a vosa, que sen a axuda dos Bancos de Alimentos aínda se atoparían nunha situación peor”, sinalou Martínez.

Ambos explicaron tamén detalles desta Operación Quilo así como intercambiaron directrices para os labores de clasificación que tamén levarán a cabo no almacén de alimentos situado en Lavadores.

Por parte do A + World Academy, a Assitant Dean Gabriela Delgado, indicou que é unha “gran honra poder participar en actividades solidarias así” e agregou que supón “toda unha meta” para os alumnos achegarse a realidades próximas de necesidade. Neste sentido, a estudante Azul Gutiérrez comentou que vivindo experiencias deste tipo “somos máis conscientes ao valorar os privilexios que temos”.

Voluntari@ s en dous supermercados e no almacén En canto á Operación Quilo prevista para mañá, venres, celebrarase en horario de mañá nos supermercados Froiz de Praza Elíptica e de San Paio de Navia. De 10:00 a 14:00 horas e en grupos de 10 alumn@s en cada superficie comercial, os xa voluntari@s do Banco de Alimentos facilitarán as doazóns. Acompañándoos non só estarán profesores do A + World Academy, senón tamén tradutores de inglés da Escola Oficial de Idiomas que de maneira altruísta colaboran tamén coa nosa ONG.

Á vez que se celebrará a Operación Quilo simultánea nos dous Froiz anteriormente citados, outros 40 alumn@s realizarán labores de clasificación de comida no almacén de alimentos situado en Lavadores.

Aproveitando esta recollida especial a cadea de supermercados Froiz comprometeuse co Banco de Alimentos a doar tamén unha importante cantidade de produtos básicos que chegará nas próximas datas á nave.

Actividade do A + World Academy a bordo do Sorlandet Trátase dun barco noruegués con 90 anos de vida que se traduce nun colexio no que navegan 60 estudantes visitando máis de vinte cidades en distintos continentes. Ata a data recibiron estudos a bordo máis de 10.000 mozos proporcionándolles unha educación marítima completa, ensinándolles a ser navegantes, enxeñeiros e mariñeiros.

Sobre o Banco de Alimentos Durante os seis primeiros meses de 2019, o Banco de Alimentos repartiu preto de 1,1 millóns de quilos. En 2018, entregou ao redor de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos), a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, cubrindo o 35% das necesidades das persoas máis desfavorecidas ás que axuda.

A ONG, creada en 1995, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Desde 2014, a entidade conta con delegación propia en Pontevedra.

Una respuesta para "60 alumn@s dun buque escola con escala en Vigo realizarán unha Operación Quilo para o Banco de Alimentos"

  1. Gamela   12/10/2019 at 19:03

    La caridad disfrada de Banco de Alimientos está alimentando a otros que viven muy bien!
    Banco de Alimentos, ni es apolítica ni es aconfesional (Opus Dei)
    https://www.elsaltodiario.com/pobreza/banco-de-alimentos-la-caridad-disfrazada

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.