63 músicos compiten no VIII Concurso de Corda Cidade de Vigo

O concelleiro de Cultura, Abel Losada, presentou en rolda de prensa unha nova edición do certame que se celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro no Conservatorio Superior de Música de Vigo e que conta co apoio municipal.
Publicado por o día 14/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

63 músicos compiten no VIII Concurso de Corda Cidade de Vigo

O concelleiro de Cultura, Abel Losada, presentou en rolda de prensa unha nova edición do certame que se celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro no Conservatorio Superior de Música de Vigo e que conta co apoio municipal.

Abel Losada felicitou á organización por ter conseguido a “consolidación” do certame no panorama cultural da cidade “avanzando na liña acertada ” amosando a súa capacidade para “cohesionar o panorama da música clásica” da cidade. O concelleiro de Cultura destacou a presenza de concursantes e xurados de Portugal, que ten unha tradición maior nestas cuestións, e lembrou a achega de 9.000 euros que realiza o goberno municipal en apoio do festival.

A VIII edición do Concurso de Corda Cidade de Vigo desenvólvese entre o 29 e o 1 de decembro no Conservatorio Superior de Música da cidade coa participación de 63 músicos chegados de España e Portugal, segundo explicou Elisabeth Taylor. A presidenta da Asociación Galega de Instrumentos de Corda quen adiantou tamén que o xurado estará presidido por Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía de Galicia e inclúe a Enrique Iglesias Precedo, responsable da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia.

O certame comeza co concerto de apertura o venres 29 de novembro, ás 21 horas, no Conservatorio Superior de Música de Vigo e o concerto de clausura cos gañadores será o domingo 1 de decembro ás 19 horas, aberto a todo o público que queira asistir.

Comentar noticia

Your email address will not be published.