6ª Carreira do Pavo nas Neves o 24 de decembro

Publicado por o día 17/12/2018 na sección de As Neves,Galicia

6ª Carreira do Pavo nas Neves o 24 de decembro

A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio e o Concello das Neves presentaron na tarde deste venres a sexta edición da carreira popular e solidaria do Pavo nas Neves. O vindeiro 24 de decembro na tarde previa a noiteboa pequenos e maiores disputarán esta proba deportiva polas rúas das Neves.

Esta carreira xunta a parte competitiva, a familiar ou veciñal e a solidaría. Hai participantes que compiten por gañar a proba, outros participan de xeito festivo e todos o fan de xeito solidario, porque cada corredor ou corredora debe entregar alomenos un quilo de alimentos non perecedeiro que será donado a servizos sociais do concello nevés.

Na presentación, amáis de membros do clube ACD Sanomedio, o Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez e o Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Deportes, Oscar González, estiveron corredores e colaboradores locais como Ana Isabel Domínguez e o corredor e colaborador Bernardo Durán.