80% do comercio local de Vigo e a súa área en contra de Porto Cabral

Nace a Plataforma Polo Comercio Local Non a Porto Cabral con máis de 1.200 membros composta polo 80% das asociacións de comerciantes de Vigo, as que se suman centos de establecementos da área metropolitana.
Publicado por o día 09/11/2017 na sección de Galicia,Vigo

80% do comercio local de Vigo e a súa área en contra de Porto Cabral

O comercio local de Vigo e dos concellos limítrofes únese por unha causa común: a defensa do modelo de comercio de proximidade e a oposición ao proxecto de Porto Cabral. Baixo estes dous obxectivos principais, as organizacións comerciais máis representativas de Vigo, FECOVI (AETRAVI, Comerciantes de Navia, Comerciantes do entorno do Hospital Xeral, Pi y Margall), O Calvario (ACECA), Comerciantes da Zona Príncipe; e da súa área, Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) ou a de comerciantes de O Porriño, queren explicar a súa total oposición ao macroproxecto previsto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e piden o respaldo das autoridades locais e autonómicas para evitar o que califican como “golpe mortal” ao comercio de proximidade, a todo o sector e a outros vinculados.

Esta plataforma quere denunciar a información interesada e manipulada que se está a dar a cidadanía sobre Porto Cabral, avisar do que sería a destrucción de miles de empregos si este proxecto vai adiante, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos. Por iso pide as autoridades que non apoien ningún tipo de iniciativa que poda dar luz verde a este proxecto e que se senten cos comerciantes para escoitar a súa opinión neste tema.

O comercio local reúne a uns 20.000 negocios en Vigo e a súa área que dan traballo a 30.000 persoas. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%.

Xunto a adhesión dos comerciantes, esta plataforma acaba de activar unha petición en Change.org, dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, para que non afundan ao comercio local apoiando a creación deste marcoproxecto. Unha petición que en apenas 36 horas conseguiu 1.200 firmas.

Resumindo todo o anterior, as principais ameazas da chegada de Porto Cabral son:

  • Pérdida de 6.000 empregos no pequeno comercio en Vigo e área
  • Problema global, non só de Vigo, senón que afectará a uns 20.000 negocios incluindo os concellos do entorno, directamente afectados.
  • Esta plataforma reúne o 80% dun sector que defende que o mellor para o comercio local e impedir a chegada destes megacentros nas aforas da cidade, que desertizarán os nosos barrios e rúas.
  • Aumentará o uso do vehículo privado, en consecuencia as emisións de CO2, creará máis residuos e un consumo altísimo de enerxía, ademais de destruir 600.000 m2 de monte verde.
  • Este proxecto non encaixa no modelo de cidade e de consumo que defendemos e que promoven as directivas da Unión Europea.

Relación de adhexións
FECOVI, Federación de Comercio de Vigo
ACECA, Asociación de Comerciantes do Calvario, (200 socios)
AETRAVI, Asociación de Comerciante de As Travesas, (400 socios)
Comerciantes ZONA PRÍNCIPE (90 socios)
Comerciantes Pi y Margal (20 socios)
Comerciantes Navia (40 socios)
FECIMO, Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (400 socios)
ACIPOR, Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (120 socios)
Comuneros de Cabral – Opositores a xunta rectora
Red de Asociacións Ecoloxistas A Ría
Empresas de Eco Construcción e Materiais
Outro Vigo é Posible

Xunto a este primeiro listado, en próximas datas espérase ter a adhesión asociacións comerciais de Redondela, Baiona ou Ponteareas, entre outras, que tamén se manifestan en contra deste macrocentro promovido por un fondo de capital extranxeiro.

Una respuesta para "80% do comercio local de Vigo e a súa área en contra de Porto Cabral"