800 Deportistas disputarán o campionato de España de maratón

Publicado por o día 16/08/2019 na sección de Deportes,Galicia,Piragüismo,Pontevedra

800 Deportistas disputarán o campionato de España de maratón
Esta mañá presentouse en Pontevedra, o Campionato de España de maratón no que competirán máis 800 padeeiros e 90 clubs, Galicia contará con 31 equipos nesta competición. O río Lérez, poñerá en xogo as prazas que aínda quedan libres para poder participar no Campionato do Mundo que se vai a celebrar na cidade chinesa de Shaoxing, no mes outubro. O piragüismo galego aspira a estar entre os primeiros tanto en sénior, sub-23, júnior e cadetes. Ademais disputaranse as probas de Master na que participarán 167 deportistas.
 
O campionato dará comezo ás 9:00 da mañá deste sábado coa saída das categorías xuvenís. A partir das 11:30 celebraranse a probas sénior, primeiramente será a saída do K1 masculino, na que estarán presentes os recentes medallistas europeos Iván Alonso, Miguel Fernández e Julián Becerro, esta proba en competirana trinta e dous padeeiros ten en xogo o único billete en xogo para a cita mundialista e conta na liña de saída con varios medallistas en campionatos do mundo e europeos como son Álvaro Fiuza, Emilio Merchán e Miguel Lloréns, ademais de estar presentes Antonio Palmás, Aarón Diéguez e Jaime Sobrado, todos eles brindarán un fermoso espectáculo que fará vibrar ao público presente.
 
Catro minuto máis tarde iniciarán a súa participación as mulleres en K1, onde Tania Fernández e Tania Álvarez estarán presentes xunto a dez competidoras máis.
 
Ás 11:38 será a quenda da canoa masculina, nesta modalidade está pendente de asignar a última praza para o mundial, os principais favoritos ao triunfo son Manuel Garrido do Kaiak Tudense e Diego Romero do Breogán, non llo van a poñer nada fácil José Sánchez e José Luis Bouza.
 
Pola tarde, están previstas as regatas da categoría cadete, así como as correspondentes probas individuais das categorías master e paracanoe.
 
O domingo pecharase o campionato coa disputa das competicións dobres para xuvenís e sénior. A proba de K2 masculina será ás 11:30 na que a priori as piraguas de Iván Alonso xunto a Jaime Sobrado, Miguel Llorens e Luís Amado son as favoritas para levar a vitoria, sen esquecernos de Emilio Merchán e Javier López.
 
Minutos máis será a quenda para as mulleres K2 e a proba mixta que é novidade neste tipo de competicións. O campionato finalizará coa carreira de C2 na que participarán Tono Campos e o seu compañeiro Diego Romero, así como Óscar Graña formando parella con Pedro Areal e José Sánchez con José Luis Bouza que se perfilan como as tres embarcacións con máis opcións ao triunfo final.
 
O Campionato de España disputarase no río Lérez, á beira da ponte dos tirantes. Os deportistas darán varias voltas a un circuíto espectacular. A zona dos porteos atópase moi preto da citada ponte, o mesmo que a liña de chegada. É un lugar ideal
 
para o público. Cada padeeiro deberá percorrer a pé, coa súa embarcación, un porteo de 120 metros.