85 demandantes de emprego participan no terceiro Plan Integrado de Emprego Mos 3.0

Os beneficiarios do Plan Integrado recibirán formación, asesoramento e realizarán prácticas em empresas ata o 30 de novembro
Publicado por o día 09/03/2018 na sección de Galicia,Mos

85 demandantes de emprego participan no terceiro Plan Integrado de Emprego Mos 3.0

Esta mañá presentouse no Salón de Actos da Axenciá de Colocación de Mos o III Plan Integrado de Emprego, PIE Mos 3.0

Na presentación estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o delegado territorial da Xunta de Galicia em Vigo, Ignacio López-Chaves, o xefe territorial da consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial Santomé, o concelleiro mosense de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, e os 85 usuarios participantes do Plan.

Destes 85 participantes 6 deles son persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluídas as perceptoras de Risga), 4 son mulleres desempregadas vítimas de violencia de xénero, 30 persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, 20 persoas desempregadas menores de 30 anos e 25 persoas desempregadas maiores de 45 anos.

O custo total deste proxecto, que se prolongará durante todo o presente ano ata o 30 de novembro, ascende a 192.392,58 euros dos cales 159.685,84 euros son financiados mediante subvención autonómica e os 32.706,74 euros restantes cofinanciados polo Concello de Mos.

As accións que se levarán a cabo neste programa son de información, orientación e asesoramento aos usuarios/as beneficiarios/as, así coma de formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaboráis e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, formación para o emprego e prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico práctico das accións formativas.

Entre formación transversal e específica, os usuarios do III PIE Mos 3.0 realizarán diversos cursos e/ou accións formativas que abarcarán os máis diversos ámbitos dende idiomas, habilidades sociolaborais, traballo en equipo, prevención de riscos laborais, procesos de selección, atención ao cliente, competencias dixitais, manipulación de alimentos, limpeza industrial, formación específica en hostelería, competencias dixitais, promoción do emprendemento, intelixencia emocional, manexo de maquinaria, etc.

Os obxectivos de inserción estimados para este Plan Integrado son do 45% que suporían un total de 38 insercións, que poderían ser superados tendo en conta que o segundo PIE logrou acadar un 70% de inserción, tendo tamén un obxectivo inicial do 45% ao igual que neste caso; e logrou un 85% de inserción na primeira edición do PIE Mos 3.0.

Prospección empresarial

Parte fundamental do Plan Integrado de Emprego é a prospección empresarial. A prospección de empresas constitúe un instrumento central do programa “III MOS 3.0” e ten como principal obxectivo a detección e a identificación dos sectores de actividade potenciais xeradores de ocupación, así como a definición dos perfís profesionais requiridos polas empresas e que non se cubren por falta de persoas traballadoras cualificadas ou porque non dispoñen da acreditación da súa cualificación profesional.

Durante os I e II PIE MOS 3.0 prospeccionaronse máis de 200 empresas e uns dos obxectivos da prospección é fidelizar e manter esa colaboración en materia de emprego.

Deste xeito levarase a cabo o emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes. Utilizaranse ferramentas tecnolóxicas avanzadas de emparellamento de ofertas de traballo coas persoas usuarias do programa (Ferramenta xestión PIE e APP). Tamén empregaranse boletíns de difusión como o da AGE ou proxecto ILES, asímesmo, fomentarase a inclusión dixital das persoas usuarias do programa, co fin de poder captar e candidatarse as ofertas que circulan na web.

Ademais os/as participantes realizarán talleres sobre mobilidade laboral que lles proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da unión europea (rede EURES), así como outros que informen os usuarios das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.