9.000 puntos led iluminan o Camiño de Santiago ao seu paso polo Gorgullón

60 unidades de baliza led de cor azul integradas no pavimento dan continuidade á sinalización específica do trazado do Camiño ao seu paso polo centro urbano
Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

9.000 puntos led iluminan o Camiño de Santiago ao seu paso polo Gorgullón

9.000 puntos led iluminan o treito do Camiño de Santiago ao seu paso pola rúa do Gorgullón. O concelleiro de Obras Urbanas e Transportes, Demetrio Gómez, acompañado por técnicos municipais e responsables de Setga, empresa encargada da iluminación nesta obra, asistiu á proba da posta en marcha das balizas leds deseñadas especificamente para este tramo. A instalación deste tipo de luminarias responde á filosofía de implementar iluminación posicional led de cor azul integrada no pavimento en todo o trazado do Camiño ao seu paso pola cidade.

En concreto, no pavimento da rúa do Gorgullón instaláronse 60 unidades de baliza led, e cada unha dispón no interior dunha placa base con 150 puntos led de cor azul de alta intensidade, que xera un corpo de luz uniforme e continuo. As balizas, de 3 metros de longo, van colocadas entre 2 barras de pizarra en diagonal a longo de todo o tramo.

As balizas, de 2 watios, foron fabricadas en corpo de aceiro inoxidable e inclúen un difusor de metacrilato de alto impacto. O grao de protección de cada baliza corresponde co estándar IP-68, isto é, cunha protección completa e contínua contra as filtracións de pó e de auga.

A reforma da rúa do Gorgullón que será financiada, en parte, cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), leva catro tipos de iluminación no seu trazado. Ademais das balizas integradas no pavimento, instalaronse 32 unidades de columna de 7 metros de alto cunha luminaria led de 70 watios. O corpo desta columna está fabricado en aceiro de carbono e protexido contra a corrosión a través da galvanización en quente, e son as mesmas que a empresa Setga colocou no porto de Rotterdam, en Amsterdam, en Harlem e nas estacións de ferrocarril de Holanda. Ademais, na praza que se creou fronte á estación de Vialia, instaláronse 4 unidades de columna de 4 metros de altura con luminarias led de 30 watios. Por último, na rúa do Muíño está previsto instalar balizas led de 15 watios cun corpo de altura de 2,8 metros.

A reforma da rúa Gorgullón está incluída dentro do Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2020, e os obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) Máis modelo Pontevedra, coa que o Concello de Pontevedra acadou os fondos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Comentar noticia

Your email address will not be published.