- Non se acerque en ningún momento ás zonas que estean ardendo. Manteña sempre distancia.
- Deixe libres acceso viarios para paso dos vehículos extinción nas zonas afectadas.
- Corte o subministro eléctrico se o lume se acerca a súa vivenda.
- Alóxese do incendio polas zonas máis desprovistas de vexetación, e recorde que un cambio na dirección do vento pode facer que o lume o rodee.
- Non intente atravesar a pé nin en calquera tipo de vehículo a estrada afectada polos frontes do lume ou con zonas de acumulación intensa de fume que impida visibilidade. Retroceda e busque camiños alternativos.
- No caso de ter un lume preto, peche portas e ventás para impedir que o fume entre no domicilio.
- Se é necesario, coloque panos húmidos nas portas e ventás.
- Se está nun local cheo de fume, avance a catro pés, xa que a temperatura é máis baixa e o aire máis limpo.
- Se presenta síntomas como tos, irritación de garganta, dificultade para respirar, irritación ollos, ou dolor de cabeza, acuda o máis pronto que poida, ao seu centro médico.
Noticias de última hora en Vigo