CinemAteneo Surcos

Publicado por o día 11/12/2018 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

CinemAteneo Surcos

Este mércores 12 de Decembro, ás 19.40 horas, o Ateneo Atlántico continúa co ciclo migrantes proxectando a película clásica Surcos (1951), que nos permite ver e revivir as propias migracións interiores que se deron no noso pais cara Madrid e Barcelona. Con guión do propio director e de Torrente Ballester, a partires dunha idea do escritor galego Eugenio Montes e de Natividad Zaro, Surcos é imaxe viva da transformación da nosa sociedade rural en urbana, dos conflictos que ese cambio xenerou, e da xente que, coma toda migración, quedou atrás. Película nada compracente, nin amable coa súa realidade, sorprenderá á vez pola distancia entre aquel tempo pasado, e tamén pola forza con que ainda se manifestan algúns paralelismos co noso.

Presentará o coloquio o crítico de cine Celso López Pazos.

As entradas estarán disponibles por 3€ para socios/as e 4€ para non socios
Ficha técnica
Título original: Surcos (VOE)
Ano: 1951
Duración: 104 min.
País: España
Dirección: Jose Antonio Nieves Conde
Guión: José Antonio Nieves Conde e Gonzalo Torrente Ballester sobre unha idea de Eugenio Montes e Natividad Zaro.
Reparto:  Luis Peña, María Asquerino, Francisco Arenzana, Marisa De Leza, Félix Dafauce, Francisco Bernal, Félix Briones.Sinopse: Unha familia labrega chega ao Madrid dos anos 40 coa intención de buscarse unha vida máis prospera. Alí se atoparán coa dura realidade da España de posguerra.