O 98% dos turistas de Mos son peregrinos que realizan o Camiño de Santiago

O Concello está volcado na potenciación da imaxe do municipio como ‘A Rosa do Camiño’ e traballa para elo dende a súa pioneira Mesa do Camiño
Publicado por o día 14/08/2017 na sección de Galicia,Mos,Turismo

O 98% dos turistas de Mos son peregrinos que realizan o Camiño de Santiago

Dende o pasado 15 de xuño, e ata o 10 de agosto, a Oficina de Turismo de Mos, sita en As Angustias (parroquia de Sanguiñeda), contabilizou un total de 539 visitas (que non son todas as recibidas, xa que non se realizan enquisas a absolutamente todos os visitantes) das cales 413 (o 77%) foron de turistas nacionais chegados dende diversas localidades de España, fundamentalmente de Madrid. Dos 413 visitantes españois, 108 procedían de Madrid, o que representa un 26%.

Dos chegados doutros países abundaron sobre todo os procedentes de Alemaña (13), Estados Unidos (5), Italia (18), Portugal (18) e Reino Unido (19). O rango de idade da maioría dos turistas, case todos peregrinos, oscila entre os 35 e os 60 anos. Fundamentalmente alóxanse en albergues e a estancia na provincia vai de 4 a 6 días.

Os visitantes que se aloxaron nos albergues de Mos neste tempo ascenderon a un total de 360, que representan o 67%. E os que declararon o Camiño de Santiago como motivo da súa viaxe foron a aplastante cifra de 529, que representa o 98% do total. Todos son datos oficiais facilitados pola Oficina Municipal de Turismo, rexentada por un bolseiro contratado pola Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas.

Por meses destacar que dende o 15 ao 30 de xuño pasaron pola Oficina de Turismo de Mos 160 visitantes, dos cales 120 (o 75%) eran españois, 13 do Reino Unido e 8 procedentes de Portugal. Dos 120 españois, 24 (o 20%) procedían de Madrid e 48 (o 40%) de Santa Cruz de Tenerife. No referente ao tramo de idade, 102 dos visitantes (o 64%) tiñan entre 35 e 60 anos. Respecto do tipo de aloxamento utilizado a maioría, 122 (que representan o 76%) pernoctaron en albergue fundamentalmente en tramos de media de entre 4 e 6 días na provincia de Pontevedra (así o fixeron un total de 72 visitantes que representan o 45%). O motivo da estancia en Mos foi no 98% dos casos, como así o confirmaron 156 dos turistas, o Camiño de Santiago.

En xullo pasaron pola Oficina de Turismo de Mos 272 visitantes, dos cales 202 (o 74%) eran españois, 6 do Reino Unido, outros 6 de Alemaña e 8 procedentes de Portugal. Dos 202 españois, 55 (o 25%) procedían de Madrid. No referente ao tramo de idade, 146 dos visitantes (o 54%) tiñan entre 35 e 60 anos. Respecto do tipo de aloxamento utilizado a maioría, 154 (que representan o 57%) pernoctaron en albergue fundamentalmente en tramos de media de entre 4 e 6 días na provincia de Pontevedra (así o fixeron un total de 135 visitantes que representan o 50%). O motivo da estancia en Mos foi no 98% dos casos, como así o confirmaron 267 dos turistas, o Camiño de Santiago.

Do 1 ao 10 de agosto pasaron pola Oficina de Turismo de Mos 107 visitantes, dos cales 91 (o 85%) eran españois, e de fóra de España os máis abundantes foron os procedentes de Portugal que ascenderon a un total de 7. Dos 91 españois, 29 (o 31%) procedían de Madrid. No referente ao tramo de idade, 52 dos visitantes (o 49%) tiñan entre 35 e 60 anos. Respecto do tipo de aloxamento utilizado a maioría, 84 (que representan o 79%) pernoctaron en albergue fundamentalmente en tramos de media de entre 4 e 6 días na provincia de Pontevedra (así o fixeron un total de 73 visitantes que representan o 68%). O motivo da estancia en Mos foi no 99% dos casos, como así o confirmaron 106 dos turistas, o Camiño de Santiago.

Como dato curioso e non rexistrado na Oficina de Turismo, xa que non se detiveron nela, destacar que o pasado 2 de agosto pernoctaron no Pazo de Mos un total de 80 peregrinos/as procedentes de Estados Unidos.

‘Mos, A Rosa do Camiño’

Tal é o éxito e a afluencia do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos, que representa a fonte fundamental do turismo nesta localidade do Val da Louriña. Por iso o Concello de Mos vólcase na potenciación, defensa, coidado e posta en valor do tramo do Camiño que transcorre polo municipio coa posta en marcha de iniciativas pioneiras como é a Mesa do Camiño, programas culturais como Vive o Camiño en Mos e o fomento da imaxe local de Mos como ‘A Rosa do Camiño’.

A Mesa do Camiño do Concello de Mos constituiuse en febreiro deste ano e supón unha iniciativa pioneira en Galicia ó non existir ningún outro municipio galego dotado dun ente de características similares.

A Mesa está composta por representantes da administración local e os principais axentes socioeconómicos representativos e implicados e interesados na materia.

A importancia desta iniciativa novidosa e pioneira no fomento da afluencia de peregrinos no Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Mos xa está a dar o seus froitos, tal e como se pode comprobar observando as estatísticas.

A Mesa do Camiño constituiuse baixo o paraugas da marca ‘Mos, a Rosa do Camiño’. Quérese potenciar esta marca por ser a rosa o símbolo municipal representado na bandeira e o escudo locais, ademais do principal emblema cultural da localidade, coa Festa da Rosa á cabeza; celebración que foi declarada de Interese Turístico de Galicia fai dous anos.

O Concello de Mos non esquece que é un municipio do Camiño e, sabedores de que ser paso do Camiño de Santiago é o seu principal activo cultural e turístico, pon o máximo empeño en coidar, mellorar e implementar dito activo, por iso se constituiu esta Mesa de traballo.