9º aniversario do monumento aos doadores nos xardíns de Montero Ríos

Os hospitais galegos realizaron unha media de case un transplante de órganos ao día
Publicado por o día 08/06/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

9º aniversario do monumento aos doadores nos xardíns de Montero Ríos

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asistiu está mañá ao acto do 9º aniversario do monumento aos doadores nos xardíns de Montero Ríos. O conselleiro destacou que nos hospitais galegos acadouse unha media de case un transplante de órganos ao día durante o pasado ano 2018 e que España leva sendo líder mundial en doazóns e transplantes durante 27 anos consecutivos.

Almuiña lembrou que “desde a Consellería de Sanidade, a través da Axencia de doazón de órganos e sangue (ADOS) promovemos a cultura da doazón porque a través da concienciación continuaremos xerando máis oportunidades de vida”. O conselleiro lembrou a importancia da educación en valores e como hai que ser conscientes de que para moitos pacientes as doazóns e os transplantes son a súa última alternativa de vida.