🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Serafín Otero non voltara concorrer como candidato á alcaldía de Vigo

En resposta a preguntas dos medios de comunicación presentes na rolda de prensa a respeito de quen encabezará a candidatura do BNG de Vigo para as eleccións municipais do próximo ano, Serafín Otero explicou que a organización local está desenvolver o proceso de configuración de candidaturas con “absoluta normalidade, nun excelente clima interno e atendendo […]

A militancia do BNG de Vigo reelixe por unanimidade a Serafín Otero como responsábel e portavoz local

A asemblea local do BNG de Vigo elixiu na tarde de onte, martes 9 de maio, o novo Consello Local da organización, que estará encabezado por Serafín Otero quen resultou reelixido como responsábel e portavoz local. A candidatura unitaria, elaborada polo Consello Local saínte, integra a pluralidade da fronte nacionalista. O novo organismo de dirección […]

Serafín Otero: “A proposta de orzamentos municipais non dá resposta aos problemas reais da xente e dos barrios”

O Bloque presentou esta mañá en rolda de prensa as 17 alegacións presentadas ás ordenanzas fiscais aprobadas en solitario polo PSOE, por ser “socialmente inxustas”. “As ordenanzas fiscais aprobadas o pasado mes de outubro e a proposta de orzamentos municipais para o ano 2017, son a clara demostración de que o Goberno local non ten […]

Serafín Otero: «Este ano demostrou a incompetencia e falla de proxecto do goberno local do PSOE»

O BNG de Vigo fixo balanzo da situación política da cidade e da acción de goberno, cando se vén de cumprir un ano das últimas eleccións municipais. En rolda de prensa, na que compareceron o responsábel local, Serafín Otero, e máis o responsábel de Iniciativas políticas, Xabier P. Igrexas, a formación nacionalista valorizou que “este […]

Serafín Otero: “Se o alcalde é imputado na operación Patos terá que demitir inmediatamente”

– O BNG fai unha valoración moi negativa dos cen primeiros días de goberno que resumen en “máis do mesmo e novas sospeitas de corrupción”. – A fronte nacionalista presentou a renovación dos seus organismos de dirección local para “poñer a punto a organización”. O BNG realizou esta mañá a súa valoración dos cen primeiros días de goberno após […]

Serafín Otero: “O BNG seguirá traballando pola cidadanía e facendo oposición fóra do Concello”

– O cabeza de lista do Bloque agradece o traballo da militancia ao longo da campaña e recoñece que quedar sen representación municipal “non é un resultado bo”  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, fixo unha primeira valoración dos resultados electorais e recoñeceu que o Bloque “tomamos nota deste resultado, que non é un resultado […]

Serafín Otero: “Potenciaremos o transporte colectivo para facer de Vigo unha cidade máis sostible”

– O candidato nacionalista salientou que Vigo precisa unha nova política de mobilidade fronte a falta de preocupación amosada durante anos polo goberno municipal socialista  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, subliñou a aposta polo transporte público “de calidade, sostible e que estea á altura das circunstancias dunha cidade como Vigo”. Partindo da idea de […]

5 preguntas a Serafín Otero, candidato BNG

NOTICIAS VIGO: Bos días Serafín Otero, un pracer contar coa súa participación e que nos dediques uns minutos para realizarche 5 preguntas como vimos facendo aos cabeza de lista nestas próximas eleccións municipais.  Nesta primeira pregunta e que repetimos cos demais líderes, gustaríanos coñecer, que é o primeiro que realizará o BNG de ser o partido máis votado nas […]

Serafín Otero: “Defendemos a transparencia e queremos un concello coas paredes de cristal”

– O candidato nacionalista afirmou que Vigo necesita unha nova forma de facer política que garanta a participación da cidadanía na toma de decisións nos principais temas da cidade.  O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, avogou hoxe no Calvario por un Concello no que os sinais de identidade sexan a transparencia e a participación. Así propuxo […]

Serafín Otero: “Poremos fin ao abandono de Teis recuperando o literal e aumentando as dotacións”

– O candidato nacionalista criticou que os barrios e parroquias foron os grandes esquecidos nos últimos anos e destacou que o BNG aposta pola descentralización dos servizos. O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, subliñou que o barrio de Teis necesita “dúas actuacións urxentes”, como son a recuperación do litoral e o remate das actuacións na ETEA, […]

Serafín Otero: “Queremos uns impostos municipais xustos que rebaixen a presión sobre quen menos ten”

– O candidato nacionalista propón a implantación dunha fiscalidade progresiva que contemple unha previsión realista de ingresos e que permita garantir os servizos municipais O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, defendeu a necesidade de reformar das ordenanzas de taxas e impostos municipais para establecer unha fiscalidade progresiva, que alivie a presión fiscal sobre as persoas con menos […]

Serafín Otero: “É imprescindible potenciar o Porto como elemento dinamizador da economía viguesa”

– O candidato do BNG, que participou nun reparto informativo no mercado de Bouzas, defendeu que o seu crecemento debe pasar pola racionalización dos espazos e o desenvolvemento da Plisan, non polos recheos. O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, asegurou que é “imprescindible potenciar o papel do Porto de Vigo como dinamizador da economía da cidade”, tendo […]

Serafín Otero: “Temos o mellor proxecto e a mellor equipa para mudar o rumbo de Vigo”

– O BNG – Asembleas Abertas vigués abriu a campaña electoral no Paseo de Alfonso nun acto que contou coa participación da meirande parte da candidatura. O candidato do BNG – Asembleas Abertas á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, animou a votar decididamente á fronte nacionalista o vindeiro 24 de maio porque segundo subliñou “temos o mellor proxecto e […]

Serafín Otero presenta as 55 propostas do BNG imprescindibles para cambiar o rumbo de Vigo

– Resposta ás necesidades sociais, desenvolvemento dunha cidade para vivir e para traballar, democracia participativa e cidade sostible e en rede son os eixos que destacou o candidato nacionalista. O candidato do BNG – Asembleas Abertas á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, destacou as 55 iniciativas prioritarias do programa co que o Bloque se presenta as eleccións do 24 de […]

Otero: “O domingo Vigo ten que escoller entre quen vende pisos públicos ou quen defende vivenda social”

– O candidato do Bloque á alcaldía fixo un chamamento ao votos das persoas indecisas para que o cambio na cidade sexa posible – Manuel G. Moreira explicou as principais propostas nacionalistas en política social e destacou que o Concello ten que contribuír a evitar os lanzamentos  O cabeza de lista do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, deu “a […]

O Bloque Nacionalista Galego expresou esta mañá o seu rexeitamento a que se financie con recursos públicos a instalación de símbolos relixiosos na cidade, como é o caso do proxecto dunha macroescultura do Sagrado Corazón de Xesús na capela da Guía. O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo canda o responsábel local […]

O Bloque comprométese a levar as demandas de Navia ao Parlamento de Galiza para poñer fin ao seu abandono

O Bloque Nacionalista Galego realizou esta mañá unha visita ao barrio de Navia. A deputada electa no Parlamento galego, Carmela González, o portavoz municipal no Concello de Vigo, Xabier P. Igrexas, e o responsábel local da fronte nacionalista, Serafín Otero, mantiveron un encontro con representantes da Asociación Veciñal “Novo Vigo”. Na xuntanza as nacionalistas recolleron […]

O BNG non asistirá ao acto institucional do Concello de Vigo de celebración do Día Nacional de Galiza

Esta decisión está motivada nos seguintes feitos: O BNG após recibir o convite institucional comunicamos formalmente á oficina de Protocolo do Concello a nosa asistencia ao acto nas persoas de Xabier P. Igrexas (concelleiro), Serafín Otero Fernández (responsábel local do BNG), Carmela González Iglesias (deputada electa no Parlamento galego) e Alexandra Fernández (deputada electa no […]

Montse Prado compromete en Vigo que un BNG determinante a partir do 12X será a garantía para reverter os recortes sanitarios

A deputada do Bloque Nacionalista Galego, e candidata número 2 pola circunscrición de Pontevedra aos vindeiros comicios do 12 de xullo, Montse Prado, comprometeu esta mañá na cidade de Vigo que “un BNG determinante é a garantía para reverter os recortes sanitarios da última década do PP de Feixóo”. Prado realizou esta declaracións após a […]

O BNG de Vigo chama a mobilizarse para esixir políticas que fagan fronte á grave crise industrial da cidade

O BNG mantivo esta mañá unha xuntanza coa Executiva Comarcal da CIG de Vigo, para abordar a situación de crise industrial que padece a cidade. No encontro, no que tomaron parte o concelleiro, Xabier P. Igrexas, e o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, a fronte nacionalista trasladou o seu apoio á manifestación comarcal que […]

O BNG de Vigo refórzase organizativamente co obxectivo de “multiplicarse” na cidade

O BNG vén de poñer en marcha varias medidas destinadas ao seu reforzamento organizativo, co obxectivo declarado de “multiplicarse” na cidade de Vigo. O Consello Local, máximo organismo de dirección local da fronte nacionalista, executou onte na reunión celebrada a última hora da tarde, os acordos emanados da Asemblea Local do Bloque. No concreto, procedeuse […]

Xabier P. Igrexas: “O BNG volvemos ao Concello de Vigo para quedar”

“O BNG retornamos ao Concello de Vigo e volvemos para quedar”, con estas palabras empezou a súa intervención valorando os resultados electorais deste 26 de maio o candidato do Bloque, Xabier P. Igrexas, que foi recibido cunha ovación na sede da formación nacionalista. Igrexas, que compareceu acompañado do responsábel local e de integrantes da candidaturas, […]

O BNG presenta o seu programa como un “proxecto en positivo” para darlle a Vigo un novo impulso

O BNG de Vigo presentou hoxe o seu programa electoral co que se propoñen transformar en positivo a cidade poñendo o foco en propostas concretas fronte ao “ruído do pim-pam-pum permanente” no que, critican, se ten convertido a política municipal viguesa.  Baixo o lema “Agora Vigo. Coas ideas claras” o candidato á alcaldía, Xabier P. Igrexas, […]

O BNG de Vigo oponse frontalmente ao proxecto de novo recheo de Bouzas e pide a súa cancelación

O BNG de Vigo reuniuse esta mañá con representantes da Plataforma en Defensa da Ría para avaliar o anuncio de novos recheos por parte da Autoridade Portuaria que se pretenden levar a cabo na terminal de Bouzas. O candidato á alcaldía, Xabier P.Igrexas, que estivo acompañado pola candidata número 3, Elsa Quintas e o responsábel […]

O BNG exixe ao Concello que actúe para non deixar incomunicada a veciñanza de Teis polo feche das pasarelas sobre a AP9

Un grupo veciños e veciñas do barrio de Teis volveu concentrarse esta mañá como protesta ante o peche ao tráfico por parte do Concello dos pasos elevados da Xorxa e a Trapa, que atravesan a AP9. O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, e mais o responsábel local da formación nacionalista, […]

O Bloque pide ao Goberno municipal que rectifique e non suprima o curso de lutheria antiga da EMAO

Esta mañá o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, e mais o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, mantiveron unha xuntanza con Norka Pérez, portavoz do alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios que estes días ten iniciado unha campaña reivindicativa contra a supresión do curso de lutheria antiga na […]

Xabier P. Igrexas: “Temos que facer dos montes de Vigo unha cuestión de cidade e unha tarefa de todos e todas”

Vigo ten un cinto verde que totaliza 16 millóns de metros cadrados. Elevar a protección e promover a posta en valor dos montes da cidade é un obxectivo fundamental para o Bloque Nacionalista Galego. Así llelo trasladou a representantes das Comunidades de Montes e da súa Mancomunidade, o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, […]

O BNG demanda que se poña fin ao abandono da ETEA

O Bloque Nacionalista Galego realizou esta mañá unha visita ás instalacións da antiga ETEA. Na visita participaron o candidato do Bloque á alcaldía, Xabier P. Igrexas, e o responsábel local da formación nacionalista, Serafín Otero, acompañados por varios membros da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis. Durante o percorrido comprobaron o “lamentábel estado de abandono” […]

O BNG trasládalle á FAVEC a súa aposta por potenciar a participación veciñal na cidade

Esta a mañá de onte o candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, iniciou unha rolda de contactos con colectivos e organizacións sociais da cidade para “escoitar de maneira activa as súas opinións e demandas”. O primeiro encontro realizouno, acompañado do responsábel local do BNG, Serafín Otero, coa Comisión Permanente da Federación […]

O BNG exixe un centro de saúde sen recortes para Bouzas

O BNG realizou esta mañá unha rolda de prensa na Alameda de Bouzas, diante da parcela na que está proxectado o novo centro de saúde para a vila para urxir a súa construción “sen recortes”. O candidato do Bloque ás eleccións municipais, Xabier Pérez Igrexas, compareceu acompañado polo deputado Luís Bará, e mais do responsábel […]

Xabier Pérez Igrexas encabeza a candidatura do BNG ao concello de Vigo nas Municipais de 2019

Igrexas, quen agradeceu en primeiro lugar a confianza da militancia nacionalista nel depositada, afirmou que o obxectivo do BNG en Vigo é recuperar unha presenza determinante no concello de Vigo porque “o BNG sempre fixo avanzar o noso concello con coherencia, con políticas nacionalistas e de esquerdas e sempre ao servizo da veciñanza ”, afirmou. […]

O BNG exixe que non se utilice o Marisquiño como arma de confrontación partidist

Para o BNG de Vigo o resultado do pleno extraordinario de onte, convocado para abordar un asunto de tanta importancia como o grave accidente do Marisquiño foi “lamentábel”. “Foi, precisamente, o contrario do que debera ser. O contrario do que as 467 vítimas, as súas familias e o conxunto das veciñas e dos veciños de […]

Ana Pontón pide máis investimentos para o porto de Vigo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañada do deputado por Pontevedra, Luís Bará, o responsable local, Serafín Otero e o responsable comarcal, Manuel Caride, realizou unha visita ao   porto de Vigo e ao  lugar onde se produciu o sinistro do Marisquiño. Pontón manifestou que Galiza está a ter un “trato discriminatorio” en materia de […]

O BNG denuncia unha pinza “PP-PSOE” para impedir coñecer a verdade do Marisquiño

A portavoz do BNG, Ana Pontón, fixo fincapé en  que onte os votos do PP e PSOE na reunión da Deputación permanente impediron un pleno extraordinario e específico sobre o sinistro do Marisquiño, crear unha comisión de investigación e que comparecera  Núñez Feixóo. Neste sentido, anunciou que o “BNG non tira a toalla” e levará […]

O BNG demanda a mellora do transporte público en Vigo

O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno municipal de Vigo que afronte a necesaria mellora do transporte público na cidade. Para a fronte nacionalista amobilidade é un aspecto central para a cidade e para veciñanza. As características e calidade do transporte colectivo urbano son, para o Bloque, un factor que incide de maneira directa na […]

O Bloque propón a creación dunha Mesa do Porto de Vigo  para facilitar a cooperación institucional

En medio do conflito aberto entre administracións a respeito do derrubamento do paseo marítimo das Avenidas, durante a derradeira xornada do Marisquiño e que provocou 467 persoas feridas, o BNG exixe a fin “da lea partidista para poñer no centro a atención das vítimas e sumar esforzos para que non volva suceder nada parecido”. Para […]

BNG de Vigo traslada o desexo de pronta e total recuperación ás persoas feridas no peirao do Náutico

O responsábel local do BNG en Vigo, Serafín Otero, acudiu ao lugar en que se produciu o terríbel suceso no marco da celebración do Marisquiño e que deixou a máis de 330 persoas feridas, a maioría delas xente moi moza. Desde o peirao de Vigo, Otero trasladou o desexo do BNG de pronta e total […]

O BNG reclama máxima transparencia e participación na elaboración do novo PXOM de Vigo

O Bloque Nacionalista Galego vén de reclamarlle ao Goberno municipal de Vigo que poña fin á “total opacidade” coa que se está a xestionar a elaboración e tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a cidade. Neste sentido, a fronte nacionalista demanda que os traballos se realicen coa “máxima transparencia” e contado […]

O BNG reclamará no Parlamento o mantemento da atención pediátrica en Coruxo e o seu reforzo en Navia

A ameaza de supresión da atención pediátrica no centro de saúde de Coruxo é para o BNG de Vigo “inaceptábel”. A fronte nacionalista vén de presentar no Parlamento galego unha batería de iniciativas para exixir do Goberno galego o seu mantemento e mais o reforzamento da mesma no centro de saúde de Navia, tamén fortemente […]

O BNG urxe o Concello a acometer unha actuación integral na contorna do colexio ‘Picacho’

O BNG de Vigo súmase ao clamor veciñal e da comunidade educativa do CEIP Ramón y Cajal, ‘Picacho’, e volve urxir o goberno municipal a que actúe de maneira integral na súa contorna. O responsábel local do BNG, Serafín Otero, mantivo nos últimos días encontros coa comunidade educativa, realizando unha visita ao centro e as […]