🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Autoestrada AG-59 ameaza hábitats e especies protexidas pola UE non contempladas no EIA

ADEGA vén de presentar alegacións contra a ampliación da autoestrada AG-59, no treito que pretende unir A Ramallosa co concello da Estrada. Este trazado afecta ao espazo natural protexido como Zona de especial conservación (ZEC) do “Sistema Fluvial Ulla-Deza”, forma parte da Rede Natura 2000, e sitúase a escasos 600 m de “A Burga”, outro […]

BNG leva ao Congreso a paralización do túnel da Porta do Sol de Vigo

O BNG insta no Congreso a paralizar as obras do túnel da Porta do Sol para estudar outras propostas que permitan unha peatonalización completa do trazado comprendido entre a Porta do Sol e o Paseo de Alfonso sen a construción de ningún túnel. O portavoz no Congreso, Néstor Rego, salientou que esta obra que ascende […]

ADEGA e Salvemos O Iribio celebran a demoledora sentenza do TSXG que anula o PE Serra do Iribio

A Sección 3ª de contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de anular e deixar sen efecto “por non ser acorde a dereito” o Acordo do Consello da Xunta do 27 de xuño de 2019 polo que se aproba a modificación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Parque eólico Serra do […]

A Xunta prolonga o exterminio das rulas

No Diario Oficial de Galicia de hoxe aparece publicada a orden de vedas para a próxima tempada de caza mediante resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Nela vólvese a autorizar a caza da rula na media veda no espazo natural protexido de A Limia, desatendendo así as numerosas demandas dos cidadáns e das entidades […]

107 colectivos recorren as Ordes da Xunta que permiten tramitar proxectos ambientalmente agresivos durante o estado de alarma

Máis dun cento de colectivos, entre os que se atopa ADEGA, presentaron Recurso de Reposición fronte a Orde da Consellaría de Medio Ambiente, do 27 de abril, e fronte a Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 5 de maio de 2020 pola que se dá continuidade á tramitación de preto de 1000 expedientes […]

Gran desfeita nas Gándaras de Budiño

As Gándaras de Budiño é un ecosistema situado no sur do municipio de Porriño, na provincia de Pontevedra, España. Ocupa unha superficie de máis de 700 hectáreas ao longo do río Louro, afluente do Miño. Pola súa proximidade ao Atlántico e á humidade da zona, convértese nunha zona pantanosa de importante valor natural. Neste lugar, […]

Outro arboricidio en Vigo, desta feita a traizón

A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia “outra corta de árbores completamente innecesaria” en Vigo, como colofón a mais unha ‘humanización’, nesta ocasión na Avenida Gregorio Espino, tras a realizada en Gran Vía. Facendo unha alegoría legal, teríamos que clasificar este corte como un arboricidio con aleivosía. Un arboricidio pola morte de seres vivos indefensos e con aleivosía polo […]

Preto de 400 persoas participaron na II Deseucaliptización simultánea de Galicia

Entre o 1 e o 15 de xuño, 25 entidades galegas que se uniron a esta iniciativa conseguiron congregar unhas 380 persoas para intervir de xeito simultáneo nos montes galegos, co propósito de eliminar especies exóticas invasoras e reivindicar a recuperación das especies arbóreas autóctonas e doutros usos sostíbeis do  monte. As actuacións transcorreron en […]

Uns 20 colectivos súmanse á deseucaliptización simultánea de Galicia

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da plataforma a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, para sumarse a unha deseucaliptización simultánea en Galiza, con motivo do Día Mundial Forestal ou dos Bosques. Comunidades de Montes, colectivos ecoloxistas, agrupacións culturais, a Universidade da Coruña e diversos proxectos de custodia do territorio organizan para […]

O Couto da Eirexiña, un proxecto de custodia do territorio de ADEGA Vigo

Que é o Couto da Eirexiña? O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que se establece entre a comunidade de montes da parroquia de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a través da súa delegación de Vigo. O proxecto conta cunha superficie total de 157,6 hectáreas custodiadas, e o […]

8 entidades ecoloxistas e conservacionistas pedimos á Xunta que denegue unha tiroliña na Ribeira Sacra

A Sociedade Galega de Ornitoloxía, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), o Grupo Naturalista Habitat, o Grupo Local SEO-Pontevedra, a Asociación Verdegaia, a Asociación Ecoloxista Anduxía, a asociación Amigos da Terra e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) solicítanlle a Dirección Xeral de Patrimonio Natural a non autorización do proxecto de […]

Última chamada: Deseucaliptizamos a Senda Arqueolóxica de Amoedo (Pazos de Borbén)

As Brigadas deseucaliptizadoras estréanse neste novo ano no Monte Veciñal en Man Común de Amoedo (Pazos de Borbén) o 12 de xaneiro. As zonas a deseucaliptizar están enmarcadas nunhas 30 hectáreas, aínda que as actuacións centraranse no entorno da Senda Arqueolóxica de Amoedo, que comezou a súa andaina no 2011 e que pon en valor máis de […]

Garranos en perigo de desaparición

Os garranos son animais silvestres… Os garranos son équidos salvaxes que habitan nas montañas do norte da Península Ibérica desde hai máis de 20.000 anos. Testemuñas elocuentes da súa presenza ancestral son: As súas reiteradas representacións gráficas na arte parietal (entre o Paleolítico Inferior e a Idade do Ferro) desde o norte de Portugal ata […]

Roteiro medioambiental de Fontaiña a Cabo de mar

As asociacións Fontaíña e Verdegaia organizan un roteiro medioambiental pola costa de Vigo, o vindeiro sábado 14 de abril pola mañán. O percorrido iniciarase na Capela do Vao (Coruxo) ás 10:00 e percorrerá as praias do Vao, Baluarte e Fontaíña, para logo visitar a Xunqueira do Lagares e, despois de atravesar o areal de Samil, […]