edición 2019 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña xunto coa Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, entre outros, comezou o luns 2 de maio en Cangas e rematará en Pontevedra o 16 de maio.
O Correlingua, percorre doce localidades galegas entre o 2 e o 16 de maio, baixo o lema: “O galego é a fórmula ”.
O Correlingua iníciase no primeiro trimestre do curso coa publicación do lema e as inscricións nos diferentes concursos. O alumnado elabora as súas propostas para concurso do manifesto, de banda deseñada, de video, e mesmo do Cantalingua, no segundo trimestre. A participación nestes certames permítelle ao alumnado reflexionar sobre a situación do noso idioma e crear os seus propios argumentos para defender o seu uso. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país.
A marcha, que terá lugar en Vigo, o día 14 de maio, sairá da Praza do Concello ás once da mañá para rematar no Parque de Castrelos, nunha festa final en que se dará lectura ao manifesto gañador e na que actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua: Cuarta Xusta. Para @s máis [email protected] desde as once da mañá actuará, no propio parque, Paco Nogueiras.
Nesta edición participarán 1.700 [email protected] de 21 centros de educación infantil, primaria e secundaria de Vigo, Mos, Tui, As Neves e Gondomar.
Como todos os anos contaremos, para conducir a actividade, cunha persoa de relevo na cultura galega e que, no seu día a día, defende a nosa lingua, como é o caso de Isabel Risco.
Dará a saída á marcha na praza do Rei, ás 10:50, o alcalde de Vigo ABEL CABALLERO e a Concelleira de normalización lingüística UXÍA BLANCO.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.