A 9ª edición do Festival Primavera do Cine celebrarase en Vigo entre o 15 e o 20 de setembro

Publicado por o día 28/04/2020 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

A 9ª edición do Festival Primavera do Cine celebrarase en Vigo entre o 15 e o 20 de setembro

Dende a organización do Festival Primavera do Cine de Vigo ven comunicar a sua decisión de adiar a celebración da 9º edición, inicialmente programada para a segunda semana de maio. As novas datas de celebración serán do 15 ao 20 de setembro. Con todo, seguiran atentamente as recomendacións e obrigas propostas polas autoridades sanitarias e as administracións competentes. A seguridade de público, cineastas e persoas convidadas será sempre o primeiro para os organizadores do festival.

Dende a organización “Queremos aproveitar para expresar o noso agradecemento a todas e todos os cineastas participantes, as grandes calidades dos traballos recibidos supoñen os mellores azos para seguir traballando coa maior das ilusións nesta edición”.

Así mesmo, non queren desaproveitar a oportunidade de amosar publicamente o cartaz da nova edición o cal é o que encabeza este artigo, unha imaxe creada pola deseñadora María Llauger, quen xa leva catro edicións embelecendo a gráfica do festival. Os organizadores agardan que vos transmita a mesma “ledicia e amor” cara o cine que a eles.

Por último, manifiesta a organización do festival a sua profunda solidariedade coas vítimas do Covid-19, coas súas familias e a súa xente máis próxima; “tamén o noso agradecemento a todas aquelas persoas que traballan cada día para que o mundo, malia todo, continúe xirando. Cando todo isto remate teremos moito que celebrar e, logo de abrazar a nosa xente (aínda que sexa mantendo a distancia de seguridade), deberemos tomar as rúas e dar o mellor de nós para colaborar na medida das nosas posibilidades na reconstrución de todo ese tecido local e social que agora mesmo está tan abafado” finalizan no seu comunicado enviado a prensa e tamén sinalan que contan con vos pero que non vos deixedes de coidar.