A A.V. de Teis, consegue a instalación dun novo semáformo na Avenida de Galiza

Por o 13/04/2019 | Sección: A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo
A A.V. de Teis, consegue a instalación dun novo semáformo na Avenida de Galiza

A Asociación Veciñal de Teis, logo de varios anos reivindicando do Concello de Vigo e  da Consellaría de Infraestruturas  a instalación dun novo semáforo na Avenida de Galiza. Hai tres días a Consellaría de Infraestruturas comezou cos traballos de instalación do semáforo con pulsador, que durarán unhas semanas.

Desde a Asociación dirixímonos por escrito de xeito reiterado ao longo destes anos a ambas administracións, sinalando a necesidade da colocación dun semáforo polo perigo que  supón este paso de peóns, nunha avenida que soporta un elevado tráfico.

Este semáforo vaise instalar no paso de peóns sito na avenida de Galiza (PO-323), a altura do número 66,  é moi utilizado pola veciñanza, pois atopase próximo a baixada cara o centro de saúde de Teis e xunto ao carón dunha parada do autobús.

O obxectivo desta reivindicación é garantir a seguranza viaria da veciñanza que utiliza este paso de peóns, sobre todo da veciñanza que se dirixen ao centro de saúde.   

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.