A A.V. De Teis convoca unha asemblea para tratar sobre o abandono da ETEA

A asemblea tera lugar este sábado 4 de xuño ás 18 horas.
Publicado por o día 03/06/2016 na sección de A.V. Teis,Eventos,Vigo

A A.V. De Teis convoca unha asemblea para tratar sobre o abandono da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, convoca a veciñanza a unha asemblea e un acto para  denunciar o abandono da ETEA sobre todo dos espazos públicos, este vindeiro sábado 4 de xuño ás 18:00 horas no parque público da ETEA.

O parque público construído pola Xunta de Galiza en 2013, presenta unha falta de mantemento das zonas verdes, do parque infantil. A presenza do lixo é moi visíbel neste parque, pois non se recolle.  A falta de entendemento entre a Xunta e o Concello, provoca  que ninguén asuma este parque público que se deteriora día a día.

A situación non é mellor no paseo marítimo da ETEA, obra realizado polo Concello de Vigo en 2011, que tamén carece de mantemento, a vexetación esta presente no paseo e no seu entorno e só procedese a cortar a vexetación como moito unha vez ao ano. Chama moito a atención que ao longo do paseo marítimo non haxa nin unha soa papeleira.

A veciñanza tamén queixase da falta duns aseos públicos ou dunha cafetaría, que son tan necesarios sobre todo no período de verán onde acuda moita veciñanza de Teis e de Vigo, a gozar do litoral da vella Escola de Transmisións e Electrónica da Armada.

Tamén seguen agardando pola apertura na totalidade das instalacións deportivas da ETEA, apertura da piscina, acondicionar as pistas de squash no baixo do pavillón ou dotación de material do ximnasio.

Mentres Abel Caballero, propón destinar a residencia de oficiais para vivendas sociais, non é capaz de asumir as súas responsabilidades e competencias nos terreos da ETEA.

Nos últimos anos esta asociación tense dirixido por escrito ao Delegado Territorial da Xunta en Vigo, a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, as concellarías de limpeza e parques e xardíns ou o propio Alcalde, para trasladarlle estas demandas sen recibir ningunha solución até o de agora.

Una respuesta para "A A.V. De Teis convoca unha asemblea para tratar sobre o abandono da ETEA"